Rutas
Si a comunidade galega é terra de frondosos camiños, A Cañiza non se queda á zaga. Por ser zona de interior, lugar de paso, de tránsito desde a meseta ata o litoral, sempre contou con importantes viales que co paso do tempo, o progreso e o advenimiento das novas infraestructuras terrestres, que esixían acurtar distancias e eliminar accidentes orográficos no seu percorrido, relegaron a estes carreiros a un segundo plano, quedando na maioría dos casos cubertos polo esquecemento.
A Cañiza: un percorrido polos seus sendeiros
SENDEIRO RÍO RIBADIL: “REDE NATURA”
Trátase dun sendeiro circular de 2,5 km, cun desnivel de cerca de 80 metros de altura.
É unha rede de espazos naturais de alto valor ecolóxico a nivel europeo. Esta rede ten por obxetivo a de garantir a supervivencia, a longo prazo, das especies e hábitats europeo máis valiosos e ameazados.
En Galicia forman parte desta rede 59 LICs (Lugares de importancia Comunitaria) e 14 ZEPAs (Zonas de especial proteción para as aves).
RUTA DA CIDADE CASTREXA DAS GRADES. Homologada pola Federación coa numeración: PR-G 207
Inaugurouse o domingo 7 de agosto de 2022.
SENDEIRO DE FONTEFRÍA, homologada coa numeración: PR-G 206
O pasado 18 de setembro de 2022 o Concello inaugurou a nova ruta de sendeirismo de «Fontefría PR-G 206», incluida no Plan de Reordenación de Sendeiros da Cañiza.
RUTA DE LUNEDA - SUBIDA CARA AOS MONTES E PAISAXES DA PARADANTA
A ruta de Luneda, cun percorrido circular de 13,17 km é a máis longa dos tres sendeiros.
Unha ruta circular con saída e chegada ao lugar de Gonda, xunto á Praia Fluvial no Torreiro de San Roque e que ascende pola beira do regato Aceval cara os Montes da Paradanta.
A Cañiza conta cun extraordinario tesouro paisaxístico que paga a pena percorrer. Un exemplo é este sendeiro na parroquia de Parada. Consulta a ruta e descubre cómo chegar.
Sendeiro das Fragas e Levadas do río Calvo e do Deva
A Cañiza conta cun extraordinario tesouro paisaxístico que paga a pena percorrer. Un exemplo é este sendeiro na parroquia de Parada. Consulta a ruta e descubre cómo chegar.
PR-G 165
Sendeiro circular de 18 km rodeando o fermoso val de Parada de Achas, con derivacion de 12.4 km (ida e volta) á serra.
Parada de Achas - A Cañiza - Pontevedra
Coordenadas do punto de inicio: google maps N 42 10.759 w 8 18.150
Estamos #ante un carreiro de dificultade media/alta