RUTA DA CIDADE CASTREXA DAS GRADES. Homologada pola Federación coa numeración: PR-G 207
Inaugurouse o domingo 7 de agosto de 2022.
A Ruta da Cidade Castrexa das Grades, cun percorrido circular de 9.25 Km, sae do entorno das Grades. Unha contorna na que se sitúa tanto o Camping Municipal como a piscina ó aire libre do concello. O sendeiro percorre camiños e pistas forestais, atravesando varias aldeas pola beira do río Deva e algúns regatos.
O camiño discurre polas parroquias de Petán, Achas e A Cañiza.
Iniciase en sentido horario descendendo cara a piscina municipal das Grades. Por camiños entre muros de pedra e baixo os piñeiros, chégase ata a mámoa das Achas, podendo visitar o paso cabalar no río Deva.
A continuación o camiño ascendente regresa ao lugar das Grades, para bordear a Cidade Castrexa deste lugar e chegar á Aldeíña e desanda un tramo sobre os propios pasos pola beira do Deva para voltar ao sendeiro circular e chegar de novo ao camping.
- Por primeira vez o Concello da Cañiza consigue a homologación dunha ruta diante da Federación Galega de Montañismo: a PR-G 207
- É unha das 3 rutas que o Concello recuperou dentro do Plan de Reordenación de Sendeiros, xunto coa ruta de Fontefría e a ruta de Luneda.
- Unha actuación cun inventimento de máis de 30.000€, financiada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
- E que ten por obxectivo poñer en valor o noso potencial paisaxístico, aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais e orientalos hacia o turismo rural de forma desestacionalizada, para impulsar a nosa economía.