Ruta de Sendeirismo de Luneda

Sendeiro de Luneda

RUTA DE LUNEDA - SUBIDA CARA AOS MONTES E PAISAXES DA PARADANTA

A ruta de Luneda, cun percorrido circular de 13,17 km é a máis longa dos tres sendeiros.

Unha ruta circular con saída e chegada ao lugar de Gonda, xunto á Praia Fluvial no Torreiro de San Roque e que ascende pola beira do regato Aceval cara os Montes da Paradanta.

O tempo de duración está estimado en 4 horas e 25 minutos e ten unha altura máxima de 923m e un desnivel acumulado de 660m.

O sendeiro percorre camiños tradicionais e pistas forestais, visitando numerosos miradoiros naturais nos altos da Paradanta, unha das zonas da Cañiza con máis valor paisaxístico e cultural.

Esta ruta forma parte da Rede de Sendeiros do Concello xunto coa Ruta de Fontefría  (PR-G 206),  a Rúta da Cidade Castrexa das Grades (PR-G 207),  Ruta das Fragas e Levadas do Calvo e do Deva ( PR-G 165) e a Ruta do Río Ribadil. 

 

Enlace WIKILOC:  https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-de-luneda-109073100

O Concello informa que se trata dunha ruta con dificultade media - alta.

Recomendacións para realizar esta ruta:

- Levar calzado axeitado para subidas e baixadas pronunciadas por camiños de terra e pedras.

- Protector solar e gorra/sombreiro

- Abundante líquido

 

mapas da Ruta

Ruta de Luneda. A máis longa e de dificultada media alta de todos os sendeiros da Cañiza pero cunhas vistas e unha paisaxe excepcional

 

Ruta de Luneda. A máis longa e de dificultada media alta de todos os sendeiros da Cañiza pero cunhas vistas e unha paisaxe excepcional

 

Galería de Imaxes

Ruta de sendeirismo