Festas

50 ANOS FEIRA DO XAMÓN

A Cañiza celebrou o 15 de agosto de 2016 a 50 edición da súa feira máis coñecida: A Festa - Feira do Xamón. 

Cristo da Agonía

O segundo domingo do mes de xullo celébrase na vila de A Cañiza a festividad en honor do Santísimo Cristo da Agonía.

Cartel Historico da 56 edicion da Festa Feira do Xamon na Cañiza. 15 de agosto de 2022
Baner da 56 Festa Feira do Xamon da Cañiza

 

O 15 de agosto A Cañiza celebra a súa  FEIRA DO XAMÓN, cita gastronómica ineludible no verán da nosa Comunidade Autónoma.

Festas

Ao longo do ano a vila da Cañiza acolle numerosas celebracións lúdico-festivas, eventos gastronómicos, festas parroquiais e romaxes litúrxicas. Pero de todas elas as máis relevantes son as Romaxes da Nosa Señora a Virxe da Franqueira e a Feira do Xamón da Cañiza. Despois lle siguen en importancia a festividade do Santo Cristo da Agonía da Cañiza, a festa de Santa Teresa de Xesús, Patrona da Vila e a Romaxe da Peña de Francia, na parroquia de Parada.

A Franqueira

O lugar de A Franqueira acolle as antiquísimas romaxes da Nosa Señora da Fonte como tamén se coñece á Virxe. Declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia.

Santa Teresa

A Cañiza celebra a festividade de Santa Teresa, Patroa da Vila da Cañiza, o 15 de outubro.

O Templo Parroquial da Cañiza custodia dúas reliquias da Santa traídas o 12 de xaneiro de 1979 do Convento de San José de Ávila por D. Manuel Salcidos González, párroco da Cañiza naquel entón. Na igrexa pódese apreciar un anaco de madeira do tronco que utilizou como almofada e un pedazo da tea da exhumación do seu cadáver no Convento de Alba de Tormes, convento onde faleceu.