Recupérase un novo sendeiro do río Ribadil ao seu paso polo Couto

Sendeiro do Río Ribadil

SENDEIRO RÍO RIBADIL: “REDE NATURA”

Trátase dun sendeiro circular de 2,5 km, cun desnivel de cerca de 80 metros de altura.

Está incluído dentro da Rede Natura 2000, en 2 km de lonxitude. Un espazo natural protexido de alto valor ecolóxico a nivel europeo polas especies e hábitats que conviven nesta zona única.

En 2021 se desenvolveron importantes traballos de roza e desbroce de todo o sendeiro, construción de refuxios de madeira con mapas interactivos, marcas de pintura, sinais e balizas que permiten continuar o percorrido. Cun investimento de 15.350 €uros, contou cunha axuda para esta actuación de 12.685,95 € da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia (PDR), cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

No mes de marzo de 2023, rematouse unha nova actuación que completou as melloras de acondicionamento desenvolvidas en 2021: a construción dun novo miradoiro. Unha actuación subvencionada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, con fondos (FEADER).

Este sendeiro invita tamén a coñecer parte do camiño dos arrieiros do viño que xa no século XVIII, a través da ponte medieval de Noceifas, conectaba as zonas de Crecente, Arbo e Valeixe e o Ribeiro.

 

Ruta de sendeirismo