A Cañiza conta cun extraordinario tesouro paisaxístico que paga a pena percorrer. Un exemplo é este sendeiro na parroquia de Parada. Consulta a ruta e descubre cómo chegar.
Sendeiro das Fragas e Levadas do río Calvo e do Deva
A Cañiza conta cun extraordinario tesouro paisaxístico que paga a pena percorrer. Un exemplo é este sendeiro na parroquia de Parada. Consulta a ruta e descubre cómo chegar.
Se desexas informarte sobre o mesmo entra no seguinte enlace: http://www.facebook.com/pages/As-Fragas-e-Levadas-do-Calvo-e-Deva/547419678606459
Este sendeiro está composto por un recorrido circular e unha derivación pola serra.
- A ruta circular, de 18 km., rodea o fermoso val de Parada de Achas, paseándonos por máxicas fragas, por un singular bosque de sobreiras, por excepcionais paisaxes de media montaña e polos misterios e sons dos ríos Calvo e Deva.
- Recupera sendas e camiños esquencidos, lugares cheos de encanto e historia, recunchos segredos nos que perderse e soñar…
- Ten unha derivación de 6,2 km. , ao Coto da Vella que nos recompensa con impresionantes vistas.
Cómo chegar dende a saída da autovía A-52 Rías Baixas,ao casco urbano da Cañiza.
Pica no mapa para abrilo en tamaño grande, ou se o prefires podes descargar o mapa en arquivo PDF.