

BENEFICIARIOS:
Nais e pais e persoas titoras de nenas e nenos ata os 12 anos de idade que se encontren no seguintes supostos:
a) Que o neno ou a nena sexa menor de 13 anos no momento no que se produce o suposto para o que se solicita a axuda.
b) Que ambos pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida, estean efectivamente traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
Períodos de vacacións escolares:
– Do 1 ao 7 de xaneiro.
– Os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo.
– Do 11 ao 18 de abril.
– Do 23 de xuño ao 14 de setembro.
Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos:
1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación.
2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
Contía máxima da axuda:
a) 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
b) 200 euros por cada neno ou nena, no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
Prazo solicitude: ata o 30/09/2022
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220708/AnuncioG0657-280622-0002_gl.pdf