O Concello entregou neste ano 9.470,75 kilos de alimentos ás familias incluidas nos Programas de Acción Social Municipal

A piques de rematar este 2023, dende os Servizos Sociais Comunitarios facemos balance das axudas entregadas ás 38 familias incluidas nos programas de acción social municipal.

Un total de 9.470,75 kilos de productos de primeira necesidade, destinados ás unidades familiares que percibiron unha media anual de 249 kilos de alimentos, productos de hixiene e de limpeza.

A este respecto informou esta mañá o Alcalde Luis Piña.  “Neste ano o Concello adquiriu con fondos propios 2.655 kilos de alimentos e productos de primeira necesidade, hixiene e limpeza, aos que  hai que engadir outros 6.815,72 kilos procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2023, promovido polo Ministerio de Interior do Goberno de España, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella”.

Programa Operativo FEAD 2023

A Adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) que financia medidas dos países da Unión Europea para proporcionar alimentos ou asistencia material básica ás persoas que máis o necesitan.