PROGRAMA DE FORMACIÓN «GALEGAS DIXITAIS»

Data
to
Location
Aula Cemit da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
organizado polas empresas Beproject Consultores e Ara Formación
Formación

O CONCELLO INAUGURA O MES DE OUTUBRO CO PROGRAMA DE FORMACIÓN «GALEGAS DIXITAIS»

 Un programa gratuíto para a dixitalización de mulleres preferentemente desempregadas ou que estén en situación de demanda de mellora de emprego, residentes en zonas rurais.

Do 03/10/2022 ao 11/11/2022. 

No curso, que se desenvolverá no Aula Cemit da Casa de Cultura da Cañiza, impartiranse tres bloques formativos.

  • Competencias Dixitais Básicas. Duración: 40 horas.
  • Competencias Dixitais Avanzadas. Duración: 40 horas.
  • Competencias Dixitais para o emprego. Duración: 40 horas.

Ademáis do título oficial, as participantes conseguirán un ordenador portátil de regalo.

Horario

Tras a constitución do grupo de alumnas, informarase do horario establecido.

 

QUÉ SE QUERE CONSEGUIR

1. Mellorar as capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais preferentemente desempregadas.
2. Incrementar o seu nivel de empregabilidade.
3. Impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural.
4. Reducir a fenda de xénero.

Trátase dun proxecto financiado pola Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, organizado polas empresas Beproject Consultores e Ara Formación

Para ampliar esta información podedes contactar cos organizadores no número de teléfono 604 039 575 ou consultar a web www.galegasdixitais.es