O Concello conseguiu unha subvención de 30.000€ de TURISMO DE GALICIA para a construción dun miradoiro e observatorio nocturno no MONTOUTO

Este novo atractivo sumarase á oferta turística do noso municipio

A Alcaldía de Luís Piña ven de anunciar que o pasado 17 de Marzo o Concello recibiu a notificación de concesión dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de 30.000€ para a construción dun “observatorio nocturno e miradoiro interpretativo no Montouto”. Esta actuación está englobada na rede de observatorios nocturnos e miradoiros do Xeodestino Condado Paradanta.

Esta subvención é consecuencia da solicitude do Concello ao programa “axudas a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas” procedemento que abriu o prazo de solicitudes o 17-02-2023 as 12:00, e que ía por orde de entrada. A solicitude do Concello da Cañiza rexistrouse as 12:15 dese día o que permitiu conseguir esta subvención.

A actuación require unha inversión de 80.896,76 €, e coa consecución desta subvención o Concello da un paso máis para poder crear un novo atractivo turístico que se sume á oferta do noso municipio. Para poder cumprir co rigor financeiro estase estudando as posibilidades que existan para conseguir os fondos necesarios do importe restante.

Este novo elemento turístico instalarase en parte da parcela 36013A01530116 situada no monte denominado “Alto Do Montouto”, cedida gratuitamente pola Comunidade de Montes Veciñais da Lamosa ao Concello da Cañiza por tempo indefinido. O acordo de aceptación desta cesión aprobouse no Pleno celebrado o pasado 1 de decembro de 2022.

Esta actuación contribuirá á difusión e desenvolvemento do astro turismo, de gran potencial na comarca.

Desde este emprazamento poderanse realizar múltiples actividades relacionadas co astro turismo, a astro fotografía e a observación do ceo profundo.

O Concello xa dispón dos permisos sectoriais necesarios, cos informes favorables do Servizo de Montes da Consellería do Medio rural, e da Directora Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O Proxecto

Instalaranse catro portas orientadas a cada un dos catro puntos cardinais de xeito que todas sexan visibles dende as outras. No espazo interior definido por estes catro puntos instalarase o observatorio, delimitado polas pezas de formigón. Deste modo, os visitantes poderán gozar das imaxes suxeridas polas portas en distintas orientacións e perspectivas o que aportará un novo valor e atractivo a estas instalacións. O conxunto xerará una imaxe recoñecible, e certamente espectacular, dende o aire.

O Concello conseguiu unha subvención de 30.000€ DE TURISMO DE GALICIA para a construción dun miradoiro e observatorio nocturno no MONTOUTO

 

O Concello conseguiu unha subvención de 30.000€ DE TURISMO DE GALICIA para a construción dun miradoiro e observatorio nocturno no MONTOUTO

 

O Concello conseguiu unha subvención de 30.000€ DE TURISMO DE GALICIA para a construción dun miradoiro e observatorio nocturno no MONTOUTO