O campo de fútbol do VIEIRO estrea novo tractor cortacésped

Esta mañá o Alcalde presentou a nova máquina adquirida a traves das axudas do Plan Concellos 2022-2023, liña 1, da Deputación de Pontevedra, cun investimento de 5.390,00€.

A concesión desta subvención, outorgada a finais do pasado mes de outubro, permitiu ao Concello dotar ao veterano campo de fútbol do Vieiro dun tractor cortacésped marca OLEO MAC, modelo OM/106/22h, con descarga traseira, 656 cm3 de cilindrada, recollida con cestón cunha capacidade de ata 320 litros e sistema mulching de descarga lateral.

A nova máquina de propulsión hidrostático, alcanza unha velocidade de entre 0 a 9,0 km/h marcha adiante e de 0 a 4,5 Km/h marcha atrás. Leva incorporadas 2 cuchillas cun ancho de corte de 102 cm e unha altura de 30-95 mm, con 7 posicións. Ademáis ten un radio de xiro de 40 cm e unhas dimensión totais de 242x106x116 cm.

A empresa adxudicataria do procedemento de contratación foi a cañicense COMERCIAL CASTILLO LORENZO C.B.

Segundo manifestou o Alcalde esta mañá “esta nova adquisición ven a mellorar as dotacións do campo de fútbol, nunha aposta anunciada polo deporte e pola mellora das instalacións deportivas”. “O novo tractor pasará a formar parte do inventario municipal e tamén do parque de maquinaria”.

Pinchado do terreo de xogo do campo do Vieiro

Ademáis Luis Piña “recordou que o Concello ven colaborando todos os anos co Servizo de Medio Ambiente da Deputación Provincial no pinchado do terreo de xogo do campo de Fútbol, desenvolvido dentro do Plan Anual de Mantemento dos campos de herba natural”.

 “Dende o Concello subministramos todo o céspede para mellorar os 7.000 m2 de superficie do campo e colaboramos coas nosas máquinas e operarios no picado do terreo para airear o substrato de xeito que se rexenere a raíz en profundidade e volumen”. Este tratamento, cun coste superior aos 3.000€uros, prepara o campo para afrontar con máis resistencia as inclemencias meteorolóxicas.

O campo de fútbol do VIEIRO estrea novo tractor cortacésped

 

O campo de fútbol do VIEIRO estrea novo tractor cortacésped