Hoxe A Cañiza estrea unha nova escultura do noso artista máis universal, DIEGO DE GIRÁLDEZ

Baixo o título «La humanidad y el trabajo», a obra de arte luce dende hoxe no parque de Heriberto Fuertes, na rúa Vilanova.

Unha obra esculpida en bronce cunha altura de 115 cm e 0.72 cm de ancho, valorada en máis de 24.000€uros, na que o autor quixo donar todo o seu traballo e creación, cobrando únicamente ao Concello os gastos do material. Un total de 13.260€ (iva incluido).

Unha contribución impagable deste pintor, escultor e anatomista de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional e tamén Fillo Predilecto do Concello da Cañiza.

En palabras do seu autor, a obra de arte «La humanidad y el trabajo» fai referencia ao Home no Planeta Terra e ao legado, en forma de traballo, que a especie humana deixa ás xeneracións futuras. Un legado que se transmite a través do traballo, utilizando a MAN como instrumento e ferramenta.

Ademáis da parte simbólica, esta obra ten un grande traballo no referente á morfoloxía anatómica. Materia na que Diego de Giráldez é tamén un dos Grandes Mestres.

 “A mente pensa, e a man executa”. Esta é a principal simboloxía que expresa esta nova xoia do noso Patrimonio Arquitectónico.

En palabras do Alcalde Luis Piña “esta nova obra de arte que dende hoxe luce no Parque da Cañiza, quedará tamén como o legado de Diego de Giráldez á súa Vila Natal. Unha pegada máis que ven a engrandecer o orgullo e admiración que todos os cañicenses sentimos polo noso máis grande artista. Diego de Giráldez”.

Destacar tamén a contribución desinteresada da empresa Minera de Rocas que donou a pedra na que está asentada a obra de arte.