Concentración silenciosa de homenaxe a Miguel Ángel Blanco e a todas as Víctimas do Terrorismo

Mércores, 13 de xullo de 2022, ás 12:00h diante da Casa Consistorial

 

Hoxe, 13 de xullo de 2022,  ás 12h00, o CONCELLO DA CAÑIZA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN SILENCIOSA fronte ás portas do Concello EN HOMENAXE E RECOÑECEMENTO A TODAS AS VÍCTIMAS DO TERRORISMO.

Os Gobernos Locais trasladamos o noso apoio e afecto a todas as persoas que fóron e son víctimas do terrorismo e ás súas familias e entorno máis achegado, cun especial recordo no día de hoxe a MIGUEL ANGEL BLANCO.

Desde o Concello da Cañiza sumámonos á inicitiva da Femp na que se convida a convocar para hoxe mércores unha concentración de 5 minutos de silencio, cando se cumplen 25 anos do asesinato do Concelleiro de Ermua, un crime terrorista que pola súa crueldade conmoveu á toda a sociedade e institucións españolas e internacionais.

 

 

25 anos do asasinato de Miguel Angel Blanco. 13 de julio de 2022