A Axencia ADOS de Doazón de Sangue, estará de novo na Cañiza o vindeiro martes 2 de maio, fronte ao Edificio Gran Sol

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade.

Cada día mantén abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais.

Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.

O seu obxectivo é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.

Na situación actual, traballan cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue.

Dispoñen dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles. (900100828).

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata A CAÑIZA o vindeiro martes 2 de maio, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas,  FRONTE AO EDIFICIO GRAN SOL. 

 

A axencia ADOS de doazón de sangue inicia o 2 de maio unha nova campaña na Cañiza

 

 Consulta máis información escaneando este código QR.

ADOS Axencia de Doazon de Sangue e órganos

¡ Grazas pola túa colaboración !