II edición do «Entroido de Verán´23», organizado polo Clube Balonmán Cañiza

Data
to
Location
A Cañiza
Organiser
Clube balonmán A Cañiza
Concurso

« II ENTROIDO DE VERÁN »

Tras o éxito da 1ª edición, coa participación de preto de 1000 persoas, o Balonmán Cañiza , a Asociación de Comerciantes da Cañiza, Redecria, a hostalería e o Concello da Cañiza colaboran e traballan en conxunto en prol da II edición do «Entroido de Verán da Cañiza», organizando unha xornada cargada de diversión, música, desfiles e grandes premios.

Programa, actividades e horarios

  • Ás 12:00h terá lugar o Pregón que iniciará de xeito oficial o Entroido de Verán.
    • Nesta ocasión o Pregón servirá para render unha pequena homenaxe a José Castro, ilustre deseñador de moda e veciño cañicense, quen tristemente nos abandonou o pasado mes de xuño.
  • A Charanga SDK será a encargada de por música e alegría na sesión vermú, percorrendo as rúas do centro da Vila e todo elo acompañado por unha zona infantil para os máis pequenos con inchable, pintacaras, xogos e obradoiros dende as 11.00h.
  • A partires das 19:00h  comezará o desfile e o concurso de disfraces, con premios valorados en 1500€ para as categorías individual e comparsa.
    • Para participar simplemente tendes que chamar e facilitar os vosos datos no número de contacto:  616134560
  • Esta II edición clausurarase a partires das 23.30h cunha PARTY NIGHT 
    • Sesión Dj na Praza Maior amenizada por Diego Mei, Khris Guez e Gabryd que farán vibrar, saltar e bailar ao público asistente.

Non te perdas esta ocasión e ven  A Cañiza, a disfrutar do entroido de verán.  Contamos contigo!!!

 

Entroido de Veran da Cañiza. 29 de xullo de 2023

 

Entroido de Veran da Cañiza. 29 de xullo de 2023
Horario

O sábado 29 de xullo, a partires das 11.00h e durante toda a xornada.