Festas

57 Edición da Festa - Feira do Xamón da Cañiza. Xornada Gastronómica do 15 de agosto de 2023
  O 15 de agosto A Cañiza celebra a súa  FEIRA DO XAMÓN, cita gastronómica ineludible no verán da nosa Comunidade Autónoma. A Festa volverá  a celebrarse na centenaria Carballeira do Cacharado, emprazamento que durante máis dun século foi testemuña das importantes feiras agrícolas e gandeiras da Cañiza e os seus arredores. No vos podedes perder  esta ocasión única!!. Vos agardamos!!!
Cristo da Agonía
O segundo domingo do mes de xullo celébrase na vila de A Cañiza a festividad en honor do Santísimo Cristo da Agonía.
Festas
Ao longo do ano a vila da Cañiza acolle numerosas celebracións lúdico-festivas, eventos gastronómicos, festas parroquiais e romaxes litúrxicas. Pero de todas elas as máis relevantes son as Romaxes da Nosa Señora a Virxe da Franqueira e a Feira do Xamón da Cañiza. Despois lle siguen en importancia a festividade do Santo Cristo da Agonía da Cañiza, a festa de Santa Teresa de Xesús, Patrona da Vila e a Romaxe da Peña de Francia, na parroquia de Parada.
50 ANOS FEIRA DO XAMÓN
Neste vídeo, publicado no marco de celebracións do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza, en agosto do ano 2016,  poderás coñecer máis polo miudo toda a HISTORIA e as VIVENZAS que xurden arredor da nosa Festa máis coñecida. Testemuñas, datos históricos sobre o tradición xamoneira na nosa Vila e sobre o xurdimento da festa, imaxes inéditas, cartéis e declaracións dos fundadores da Feira, forman parte deste documento histórico.
A Franqueira
O lugar de A Franqueira acolle as antiquísimas romaxes da Nosa Señora da Fonte como tamén se coñece á Virxe. Declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia.
Santa Teresa
A Cañiza celebra a festividade de Santa Teresa, Patroa da Vila da Cañiza, o 15 de outubro. O Templo Parroquial da Cañiza custodia dúas reliquias da Santa traídas o 12 de xaneiro de 1979 do Convento de San José de Ávila por D. Manuel Salcidos González, párroco da Cañiza naquel entón. Na igrexa pódese apreciar un anaco de madeira do tronco que utilizou como almofada e un pedazo da tea da exhumación do seu cadáver no Convento de Alba de Tormes, convento onde faleceu.