Servizo PUNTO LIMPO
O PUNTO LIMPO DA CAÑIZA, inaugurado en novembro de 2007, está situado na II Fase do Polígono Industrial, na marxe dereita da estrada N-120, dirección Ourense.
O servizo está aberto de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 e os sábados de 10:00 a 13:00 h.
O PUNTO LIMPO ven a ser unha instalación que ten como función servir aos veciños como centro onde poder depositar voluntariamente os residuos NON ORGÁNICOS que NON SE PODEN VACIAR nos contenedores de biorresiduos.
Este recinto está dotado de contenedores específicos para os seguintes tipos de restos:
Residuos especiais: fluorescentes, disolventes, aerosoles, pinturas, barnices, pilas, radiografías, aceites minerais e vexetais usados.
Residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEES). Nesta categoría entran todos os residuos, pequenos e de grande volume, que teñen conexión á rede eléctrica.
Residuos reciclables: papel e cartón; vidrio, envases de plástico, bricks, latas; residuos metálicos; roupa e calzado.
Residuos voluminosos: mobles, colchóns e outros enseres domésticos.
SERVIZO DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS POLAS PARROQUIAS
Ademáis desta posibilidade, o Concello da Cañiza dispón dun servizo de RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS POLAS PARROQUIAS de cara a optimizar ao máximo esta instalación e pensando nos veciños que non contan cos medios axeitados para desplazar determinados tipos de residuos de grandes dimensións ata o punto limpo (colchóns, mobles, electrodomésticos e similares).
O último xoves de cada mes, durante todo o día, os camións do Concello se desplazarán ás parroquias para recoller estes residuos, previo aviso dos interesados.
¡¡ Para que o servizo funcione correctamente é importante !!
- Chamar ao Concello para informar da necesidade de utilizar o servizo. Facilitar enderezo e tipo de resto a depositar. ( 986 651000 – 986 651001).
- Deixar os residuos o día anterior á recollida. A RECOLLIDA realizarase o último xoves de cada mes, polo tanto os residuos depositaranse o día anterior, é dicir, último mércores de cada mes. Os restos depositaranse no contenedor máis próximo tendo coidado de que non moleste nin ao tráfico nin aos veciños.
- Os camións non recollerán radiografías, barnices, aceites, pinturas, podas e restos vexetais, escombros de obra, madeiras, cristais, neumáticos, vidrio, papel, cartón e plástico. Estes residuos terán que ser levados directamente polos interesados ás instalacións do Punto Limpo.
Aquelas persoas que depositen os residuos sen cumplir co previsto, serán sancionadas dacordo coa lexislación vixente en materia medioambiental.