O Concello xa dispón do proxecto de Humanización da Rúa ANTONIO FACORRO

O pasado 15 de decembro a empresa Galaicontrol S.L., encargada da redacción do proxecto de construcción desta importante rúa da Cañiza, entregou no Concello o traballo definitivo.

Baixo o título «Humanización da rúa Antonio Facorro, dende a EP-5003 ata a N-120».

Un traballo de asistencia técnica por un importe de adxudicación de 44.588,50€, subvencionado ao 90% pola Deputación de Pontevedra a través da «Rede Ágora».

Unha axuda conseguida ao pertencer A Cañiza a Rede de Concellos «Ágora» polo Espazo Público da Deputación, que ten por obxectivo acadar unha mobilidade máis amable e a recuperación dos espazos públicos municipais.

Esta mañá o Alcalde Luis Piña anunciou que “neste intre estamos traballando para conseguir fondos da Unión Europea que nos permitan afrontar os gastos da execución da obra que ascenden a 1.254.366,89€ impostos engadidos. Desagregados en 871.148,61 € de execución material, 113.249,32€, correspondentes ao 13% de gastos xerais, 52.268,92 de beneficio industrial (6%) e 217.700,04€ correspondentes ao 21% de Ive".

Unha obra que segundo comunicou o Alcalde “terá que financiarse con fondos europeos e polo tanto executarse a medio prazo, pero o máis importante é que conta cun amplo beneplácito d@s veciñ@s e dos comerciantes”.

Para captar estas axudas europeas tamén temos a posibilidade de solicitar á Deputación asistencia técnica.

 

O PROXECTO. ¿CÓMO SERÁ A NOVA RÚA ANTONIO FACORRO?

Abarca unha superficie de actuación de 4.105m2, nun itinerario que conecta as zonas verdes da Praza Maior e o Parque Central.

A obra actuará sobre o mal estado dos pavimentos da calzada e das aceras que provocan incluso a entrada de augas nos baixos das edificacións. Instalación de marcas ranuradas e táctiles para mellor uso de invidentes, novos pasos peonís, mellor iluminación que ademáis se soterrará para evitar os tendidos aéreos. Novos mobiliarios urbanos e xardinería, coa colocación de grande variedade de prantas e árbores.

Segundo o proxecto de humanización a rúa contempla un carril nunha única dirección, entrando pola N-120  ou pola rúa Botica en dirección á rotonda de entronque coa estrada provincial A Cañiza- Arbo.  A circulación nas rúas Novas (Rosalía de Castro, Otero Pedraio, CAstelao e Curros Enríquez), mantense sen cambios.

Na rúa quedarán zonas de carga e descarga para facilitar o servizo do comercio local e un amplo espazo peonil. Destaca a alta calidade nos materiais utilizados para o embelecemento do espazo.

Un 50% da obra actuará sobre os servizos soterrados: saneamentos, rede de abastecemento de augas, pluviais e comunicacións.

 

O ALCALDE PROMOVEU REUNIÓNS VECIÑAIS PARA EXPLICAR E DEFENDER A NECESIDADE DE HUMANIZAR A RÚA E TAMÉN PARA ESCOITAR AS OPINIÓNS D@S VECIÑ@S e D@S COMERCIANTES

O Alcalde Luis Piña mantivo durante o último ano, numerosas reunións c@s comerciantes e veciñ@s desta rúa, para explicarlle o anteproxecto, validalo, evalualo e acadar opinións e interactuar entre todos ata conseguir perfilar o mellor proxecto de humanización posible para a rúa Antonio Facorro. Reunións que no mes de decembro foron case individuais.

 

O CONCELLO TAMÉN FIXO UN PRIMEIRO ACHEGAMENTO COS PROPIETARIOS DO APARCAMENTO DAS RÚAS NOVAS, PARA ADQUIRIR MÁIS TERREO E AMPLIAR AS PRAZAS.

Desaparece o aparcamento fixo en toda a rúa. Para afrontar e calmar esta situación, o Alcalde anunciou a iniciativa nun futuro de ampliar e sobredimensionar o aparcamento das rúas Novas. A este respecto xa fixo un primeiro contacto cos propietarios das parcelas para a adquisición de máis terreo.

 

A HUMANIZACIÓN DA RÚA ANTONIO FACORRO INTÉGRASE PERFECTAMENTE NA FILOSOFÍA DA «REDE ÁGORA»

O Concello adheriuse á «REDE ÁGORA» o pasado 26 de outubro de 2020, por unanimidade do Pleno, en vista da necesidade de recuperar espazo público para os peatóns fronte aos vehículos.

Neste sentido a rúa Antonio Facorro cumpría con todas as condicións posibles para poder ser obxecto da recuperación e humanización integral.

O proxecto pretende recuperar espazo para a mobilidade peoníl e a estancia social na meirande parte da superficie da rúa, que na actualidade monopoliza os vehículos (un total de 3.137 m2 que representa o 69% da superficie total de 4.525 m2).

Coa nova ordeación, se recupera espazo peonil, deixando a rúa cun carril en sentido único. Se mellora a seguridade vial, a accesibilidade e se pon en valor o patrimonio arquitectónico.

 

Cronograma de actuacións da «REDE ÁGORA»:

  1. 30/06/2020. No BOP, a Deputación de Pontevedra publica o protocolo de actuación da Rede de Concellos «Ágora» polo Espazo Público e os trámites que teñen que realizar os Concellos para poder adherirse así como os beneficios que reporta o pertencer a esta REDE.
  1. 26/10/2020. O Pleno do Concello, por unanimidade, aproba a adhesión do  Concello á «Rede Ágora» .
  1. 12/04/2021. O Concello solicita unha axuda de 50.000€ á Deputación para redactar o proxecto de humanización da rúa Antonio Facorro, que se enmarca nas actuacións da «Rede Ágora».
  1. 10/08/2021. A Deputación notifica ao Concello a resolución definitiva pola que se concede a subvención de 50.000€ para a redacción do proxecto.
  1. 11/10/2021. Iníciase a providencia para o contrato de servizos por procedemento aberto para a asistencia técnica de redacción do proxecto.
  1. 11/03/2022. Rematado o proceso administrativo,  adxudícase o contrato de servizo para a redacción do proxecto constructivo á mercantil GALAICONTROL S.L.
  1. 15/12/2022. Ten entrada no Rexistro Xeral do Concello o proxecto definitivo de construcción da obra.
  1. 13/01/2023. Solicítase á Deputación asistencia técnica para participar no prodecemento de captación de fondos e subvencións para poder construir a obra.