O Alcalde anuncia a adhesión do Concello ao Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra

  • Unha adhesión que nos permitirá optar ás convocatorias de subvencións da Deputación para consolidar este Plan, que axudará a cumprir con algunhas das obrigas establecidas na nova Lei 7/2022 de 8 de abril de Residuos e Solos Contaminados.
  • Entre estas obrigas está a reducción dos biorresiduos, establecido nun 20% anual a partires do 2022 e nun 15%  dende 2027.

O Plan Revitaliza pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos  biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que os concellos da provincia cumpramos os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recolleitos e aproveitados.

PARA POÑER A ANDAR O PLAN REVITALIZA A DEPUTACIÓN ABRIU UNHA SERIE DE SUBVENCIÓNS E LIÑAS DE AXUDAS PARA OS CONCELLOS.

Tras demostrar que a compostaxe dos biorresiduos nos concellos da provincia é perfectamente viable, a Deputación de Pontevedra iniciou unha nova fase para facilitarlles aos municipios a súa implantación como sistema global.

A segunda fase do Plan Revitaliza esixe aos concellos unha adhesión e compromiso formal para tratar a fracción orgánica do lixo mediante a compostaxe.

Unha vez formalizada esta adhesión, o Concello poderá beneficiarse de tres liñas de colaboración: formación do persoal, elaboración dun plan de residuos e subvención de compra de composteiros.

revitaliza apuntate ao compostaxe