TEATRO: representación da obra « O rapto da Befana»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra
Teatro

Espectáculo cómico da compañía Olivas Negras

A compañía Olivas Negras presenta unha comedia familiar de misterio con música en directo, acrobacia e loita escénica. 

Colombina está farta de traballar de sol a sol e pasar fame, así que lle pide axuda a Arlequín para raptar a bruxa Befana e ter asegurada deste xeito unha boa dose de larpeiradas. Ademais, pedirán cartos polo rescate, o que convence ao avaro Pantalone, que se suma á empresa, pero Pulcinella escoita o plan e xunto co Capitano comezan á súa vez unha busca da Befana para aproveitarse da situación. Comeza a estenderse o rumor de que unha góndola pirata intenta raptar señoras de diferentes condicións.

A Befana divírtese burlando a Pantalone, Pulcinella e mesmo ao pillabán Arlequín, ata que Colombina debe botar man da súa astucia, pois só ela pode chegar a enredar á bruxa Befana.

Horario

O sábado, 25 de maio de 2024, ás 20:30h, no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza