TEATRO: Representación da obra “De algo hai que morrer”

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza e Deputación de Pontevedra
Teatro

O Concello da Cañiza continúa co seu ciclo de “Teatro de Outono”

Este sábado, 8 de novembro de 2025, ás 20:30 h,  o Auditorio Municipal da Cañiza acollerá a representación da obra “De algo hai que morrer”, da compañía Malasombra Produccións, dentro do programa +ESCÉNICAS promovido pola Deputación de Pontevedra.

Sinopse

“De algo hai que morrer” é unha comedia chea de humor, reflexión e retranca galega. Dous prestixiosos e peculiares científicos, os profesores Jeckill e Hyde, presentan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cento por cento da poboación mundial: a morte. A través de situacións disparatadas, entrevistas imposibles e moito enxeño, o público descubrirá que... de algo hai que morrer, aínda que sexa de risa!

O espectáculo está protagonizado por Xoque Carbajal e Jouse García, con dirección de Marcos Orsi, e conta cun equipo artístico de primeiro nivel en escenografía, iluminación e vestiario. A obra foi recoñecida co Premio FETEGA 2023.

Ficha artística
  • Elenco: Xoque Carbajal e Jouse García
  • Autor: Jose Prieto
  • Adaptación: Xoque Carbajal
  • Dirección: Marcos Orsi
  • Vestiario: La Canalla e Diego Valeiras
  • Escenografía: Xoque Carbajal
  • Iluminación: Octavio Mas
  • Montaxe de son: Pepe Castro
  • Fotografía: Patricia Rodríguez
  • Vídeo: Pepe Castro
  • Deseño gráfico: Miguel Carbajal T.

Esta actividade forma parte da aposta do Concello da Cañiza por achegar á veciñanza propostas culturais de calidade, promovendo o teatro galego e o talento local dentro do seu ciclo de Teatro de Outono.

Horario

Sábado, 8 de novembro de 2025, ás 20:30 h, no Auditorio Municipal da Cañiza, con entrada de balde.