
O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de outono coa obra de teatro: O que hai que ver! da compañía de teatro “Fulano, Mengano e Citano”
Este sábado a partir das 20.30 h teremos a oportunidade inigualable de asistir gratuitamente a este grandioso e humorístico espectáculo de Fulano, Mengano e Citano.
Conta, en clave satírica, unha serie de historias nas que o humor se funde co teatro para crear un cóctel explosivo destinado a lograr que os espectadores “estoupen coa risa”.
Reflectir a realidade e facelo con humor son os principios que guiaron a Fulano, Mengano e Citano durante a súa longa traxectoria sobre os escenarios de todo o panorama galego.
Os actores e creadores Marcos Alonso, Suso Pando e Manuel Pombal idearon para esta proposta escénica unha combinación dos mellores “sketches” da historia desta compañía viguesa.
Espectáculo subvencionado pola Deputación de Pontevedra dentro do seu programa “Tornar ás táboas 2022”
ENTRADA GRATUÍTA!
SÁBADO 19 DE NOVEMBRO, ÁS 20.30 H
AUDITORIO DA CASA DE CULTURA