O Concello da Cañiza anuncia un novo curso dirixido especialmente ás PYMES: “Solucións dixitais fáciles para mellorar o negocio a PYME — DIGALICIA TransFormaciónDigital”.
No marco do proxecto de dixitalización levado a cabo por Estudios Rafer SL, en colaboración con SRG Informática SL e Cactus Digital SL, organízanse tres xornadas presenciais de formación no municipio da Cañiza dirixidas especialmente a pequenos e medianos empresarios e comerciantes.
Datas e lugar
- 9, 10 e 11 de decembro
- Horario: de 16:30 h a 19:30 h
- Lugar: Aula CEMIT (A Cañiza)
Contidos da formación
O obxectivo é ofrecer unha formación práctica e actualizada sobre:
- Facturación electrónica
- Control de horario dixital
- Ciberseguridade
- Marketing dixital e xestión de redes sociais
Destinatarios
Dirixido a traballadores por conta allea en PYMES e persoas autónomas. A participación é totalmente gratuíta e non supón ningún custo para os asistentes. As prazas son limitadas, cun máximo de 2 prazas por PYME.
Financiamento
A formación é gratuíta grazas á financiación da Unión Europea – Next Generation EU e ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información e inscrición
Para máis información e para reservar a túa praza:
- Teléfono: 677 848 095
- Correo electrónico: antonio.juncal@estudiosrafer.es
Os días 9, 10 e 11 de decembro de 2025, en horario de 16:30 h a 19:30 h, no Aula CEMIT (A Cañiza)