Sesión divulgativa sobre o proxecto DEPOFOREST da Deputación de Pontevedra. Un proxecto formativo para a creación de emprego no sector forestal e no medio natural

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Deputación Provincial de Pontevedra
Formación

Trátase dun proxecto formativo GRATUÍTO para a creación de emprego  da Deputación de Pontevedra  dentro do Programa «Empleaverde da Fundación Biodiversidad». 

O proxecto Depoforest  Xestión integral e aproveitamento de piñeirais’, ten como  obxectivo a mellora  da capacidade  para encontrar emprego  das personas en situación de  desemprego, especialmente mulleres, xóvenes, maiores de 45 anos e residentes en zonas rurais protexidas, que teñan interese  en traballar no sector forestal e no medio natural.

Consta  de 5 accións de formación presencial e talleres prácticos .

Este programa formativo recolle e pon en valor a multifuncionalidade  dos bosques a través dunha xestión innovadora, que axuda ao desenvolvemento  socioeconómico de espacios forestais  e comarcas da provincia de Pontrevedra.

 Ademais  de preservar e mellorar os socio-ecosistemas relacionados coa  actividade  de extracción de resinas naturais, co obxeto de garantir e potenciar a mixtura  de usos (pastoreo, recreo, educativo, aproveitamento micolóxico, conservador e  forestal productivo),  unha innovación centrada nos propietarios e  comunidades de montes, cun claro retorno sociocultural, económico e ambiental  da  inversión realizada baseada  na bioeconomía,  no  mantemento dos servicios ecosistémicos, o  desenvolvemento rural e  que faciliten a integración de mulleres e xuventude.

Pretende convertir o medio forestal  nunha  oportunidade laboral para os habitantes do medio rural.

 

Horario

Luns, 14 de novembro de 2022, ás 11h no Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza

Neste enlace podes ampliar información sobre o proxecto DEPOFOREST