Segunda edición do curso de Capacitación Dixital en Intelixencia Artificial
Tras o éxito acadado na primeira edición, impartida do 8 ao 15 de xaneiro, o Concello da Cañiza organiza unha 2ª edición do curso de Capacitación Dixital en Intelixencia Artificial.
A formación celebrarase do 6 ao 13 de febreiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no Edificio Multiusos da Cañiza, e está dirixida a persoas de 18 a 65 anos.
O curso, de carácter gratuíto, será impartido polas empresas ARA Formación - Big Formación, especializadas en capacitación dixital, e está financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Goberno de España.
Os contidos inclúen:
- Introdución á intelixencia artificial.
- Uso da linguaxe prompting.
- Aplicación da IA para optimizar tarefas e crear contidos.
- Uso da IA na procura de emprego.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información no teléfono 645 44 09 59.
Do 6 ao 13 de febreiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.