SAMAÍN 2025 NA CAÑIZA

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Organiza: Concello da Cañiza
Actividades

Este venres 31 de outubro, ás 18:00 h, temos unha cita no Auditorio Municipal para celebrar o Samaín dun xeito moi especial.

Proxectaremos a película de animación infantil “Feliz Halloween, Scooby-Doo!”, unha aventura chea de sustos, risas e moita diversión para toda a familia. 

E despois… Un chocolate quentiño para todas e todos os asistentes!

Anímate a vir co teu disfraz máis terrorífico e pasa unha tarde de medo coa mellor compañía.

Entrada de balde

Horario

Este venres 31 de outubro, ás 18:00 h, no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza