A Franqueira acollerá o próximo 25 de maio a solemne Romaría das Pascuillas, unha das máis antigas e veneradas tradicións marianas de Galicia
A Franqueira celebrará o vindeiro luns 25 de maio, festivo local en A Caniza, a Romaría das Pascuillas, unha das manifestacións relixiosas máis singulares e multitudinarias de Galicia, profundamente ligada á devoción á Virxe da Franqueira, considerada unha das advocacións marianas máis antigas da comunidade galega.
Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, esta romaría de primavera reúne cada ano milleiros de romeiros chegados de diferentes puntos de Galicia e do norte de Portugal, nunha xornada marcada pola fe, a liturxia e o encontro das numerosas peregrinacións que ascenden ata o Santuario da Franqueira.
A celebración conserva intacta unha tradición secular, na que imaxes, estandartes e música popular acompañan aos romeiros nunha das expresións de devoción mariana máis emblemáticas de Galicia.
Programación do 25 de maio:
• Recepción das peregrinacións desde as 9:00 h
• Misas no Santuario ás 9:00, 10:00 e 11:00 h
• Misa solemne no Outeiro ás 12:00 h
• Procesión coas imaxes ata o adro do Santuario
• Despedida das imaxes desde as 15:30 h
• Misa de clausura e canto da Salve ás 18:30 h
A Romaría das Pascuillas é unha das dúas grandes romarías anuais que se celebran na Franqueira, xunto coa romaría do 8 de setembro, festividade do Nacemento da Virxe.
Luns, 25 de maio de 2026, durante todo o día