Programa "FALEMOS DA ADOLESCENCIA"

Data
to
Location
Edificio Multiusos da rúa Progreso, 21. No 1º Andar
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

1º Charla: ESTABLECEMENTO DE NORMAS E LÍMITES. mércores 24 de maio, de 18.30h a 20.00h.

Desenvolverase no Edificio Multiusos da Cañiza. No 2º andar, Aula 3.

2ª Charla. USO E RISCO DAS TIC. mércores 7 de xuño de 2023, de 18.30h a 20.00h.

Desenvolverase no Concello de Arbo. No Museo ARABO.

3ª Charla. QUÉ DEBEMOS SABER SOBRE ADICCIÓNS?. 15 de xuño de 2023 de 18.30h a 20.00h

Desenvolverase o 15 de xuño no Auditorio do Concello de Crecente.

4ª Charla. RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Xoves, 29 de xuño de 18.30h a 20.00h.

Desenvolverase no Concello de Melón. No centro cultural.

 

Esta actuación está enmarcada dentro dun dos programas do Convenio de colaboración que o Concello da Cañiza asinou o pasado mes de marzo coa Fundación «ÉRGUETE»-INTEGRACIÓN para por en marcha o «PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS CONDUTAS ADICTIVAS 2023».

Un novo servizo de prestación agrupada e xestión compartida cos concellos de Arbo, Crecente e Melón, que está permitindo a posta en marcha desta nova unidade para os anos 2022-2025, xestionado dende o Concello da Cañiza como promotor e que xa se aprobou no Pleno celebrado o pasado 16 de xaneiro de 2023.

O programa cubre a unha poboación total de 10.810 habitantes e está dirixido á comunidade en Xeral, prestando especial atención á poboación adolescente e ás súas familias.

  • As actividades do programa xiran entorno a campañas de sensibilización e información sobre os riscos asociados ao consumo de substancias e outras conductas adictivas.
  • Proxectos de prevención no ámbito educativo e nos lugares de consumo de substancias ilegais e alcohol.
  • Implicación dos axentes sociais en actividades de prevención laboral.
  • Posta en marcha dun sistema de atención, información e asesoramiento persoal a nivel comunitario e
  • Desenvolvemento de accións formativas dirixidas a colectivos específicos en risco.

Un importante servizo que entra en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas coa agravante de que a idade de inicio do consumo segue sendo moi temperá, entre os 12-13 anos. 

Horario

PROGRAMACIÓN:

Todas as ponencias están programadas para as tardes, en horario de 18.30 a 20.00h.