Programa «15 días de mariposas». Visita ao transecto “Bolboretas do Río Calvo – O Feal”

Data
to
Location
Parroquia de Parada
Organiser
Mundo Artrópodo e SOCEME coa colaboración do Concello
Actividades
O Alcalde informou esta mañá dunha nova actividade divulgativa sobre as bolboretas organizada por Mundo Artrópodo e SOCEME

Dentro do programa “15 días de mariposas”, que se desenvolve do 13 ao 26 de abril, organízase unha actividade de divulgación e observación da natureza centrada no estudo das bolboretas no seu hábitat natural.

O vindeiro 18 de abril de 2026, de 12:00 a 14:00 horas, terá lugar unha visita ao transecto “Bolboretas do Río Calvo – O Feal”, na parroquia de Parada. A actividade estará guiada por Diego Diz e Jesús Tizón, quen acompañarán ás persoas participantes nun percorrido interpretativo para coñecer a diversidade de bolboretas da zona, a súa ecoloxía e a importancia da súa conservación.

A xornada está dirixida a todos os públicos interesados na natureza e na biodiversidade, e permitirá observar distintas especies de bolboretas no seu contorno natural, ademais de aprender técnicas básicas de identificación e seguimento.

As persoas inscritas recibirán información detallada sobre o desenvolvemento da actividade por correo electrónico.

📧 Inscricións: info.soceme@soceme.es
Prazas limitadas: máximo 20 persoas

A actividade está organizada por Mundo Artrópodo e SOCEME (Sociedad para la Conservación y el Estudio de las Mariposas en España), organización centrada na investigación, seguimento e conservación das bolboretas. 

Horario

Data: 18/04/2026
Horario: 12:00 – 14:00 h