O Concello da Cañiza presenta unha nova edición do Teatro de Outono

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a través dos programas culturais Ler Conta Moito, +Escénicas e a Rede de Dinamización Lingüística.
Teatro

O Alcalde Luis Piña presenta unha nova edición do ciclo «Teatro de Outono», que encherá o Auditorio Municipal da Casa de Cultura de comedia, música e tradicións galegas durante os meses de outubro e novembro.

Coa chegada do outono, o Concello aposta un ano máis pola cultura e polo teatro como espazo de encontro, reforzando o seu compromiso coa dinamización social e cultural da Cañiza.

A programación inclúe espectáculos para todos os públicos, con propostas familiares e representacións teatrais de recoñecidas compañías galegas:

  • Domingo, 5 de outubro ás 17:00 h
    “Contamos contos de lobos?” – Compañía Ghazafelhos
    (Programa Ler Conta Moito)
  • Domingo, 19 de outubro ás 17:00 h
    “Os ourizos, o musical” – Compañía Barafunda
  • Sábado, 8 de novembro ás 20:30 h
    “De algo hai que morrer” – Malasombra Producións
    (Programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra e Ler Conta Moito)
  • Sábado, 15 de novembro ás 20:30 h
    “Retrincos de Castelao” – Artefeito S. Coop. Galega
    (Programa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia)

Este ciclo, organizado polo Concello da Cañiza, conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través dos programas culturais Ler Conta Moito, +Escénicas e a Rede de Dinamización Lingüística.

A entrada a todos os espectáculos será de balde, co obxectivo de achegar a cultura a toda a veciñanza e fomentar a participación.

As funcións celebraranse no Auditorio Municipal da Casa de Cultura da Cañiza.

Horario

Os días 5 e 19 de outubro ás 17h e os días 8 e 15 de novembro, ás 20:30h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza