- Cursos gratuitos de formación en capacitación dixital para mulleres desempregadas que vivan no rural.
- O concello informa dos novos CURSOS para os meses de outubro e novembro.
- Ademáis do título oficial, as participantes conseguirán un ordenador portátil CHROMEBOOK de balde, para poñer en práctica todo o aprendido.
- Os cursos están financiados pola Unión Europea a través do Ministerio de Traballo e promovidos pola Xunta de Galicia a través da Oficina Emprego Galicia.
«Galegas Dixitais» é un programa gratuíto para a dixitalización de mulleres
Preferentemente desempregadas ou que estén en situación de demanda de mellora de emprego, residentes en zonas rurais.
Para os meses de outubro e novembro están previstas 3 formacións de 45h cada unha, impartidas pola UTE Ara Negocios Sl – Beproject Consultoría De Forma:
- Competencias dixitais básicas. Do 13/10/23 ao 26/10/23.
- Competencias dixitais avanzadas. Do 27/10/23 ao 10/11/23.
- Iniciación en competencias dixitais básicas para o emprendemento: Do 13/11/23 ao 24/11/23.
Se estades interesadas aquí deixamos o enlace para ampliar información e solicitar a inscrición (cara ao final da páxina): https://www.galegasdixitais.es/
Os obxectivos que se pretenden acadar coa impartición destas formacións pasan pola mellora das capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais, o incremento do seu nivel de empregabilidade, o impulso do emprendemento e o desenvolvemento rural e por último a reducción da fenda de xénero.