DOAZON DE SANGUE. Mércores 2 de novembro. A Unidade Móbil de ADOS estará de volta na Cañiza de 10h a 14h e de 16h a 21h

Data
to
Location
Fronte ao Edificio Gran Sol no entronque coa rúa Oriente
Organiser
ADOS
Actividades

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade.

Cada día mantén abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais.

Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.

O seu obxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.

Na situación actual, traballan cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue.

Así mesmo, dispoñen dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles. (900100828)

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata A Cañiza o Mércores, 2 de novembro de 2022 e estará ubicado FRONTE AO EDIFICIO GRAN SOL
 

TODOS NECESITAMOS DA TÚA COLABORACIÓN!

Horario

O Mércores, 2 de novembro de 2022

Fronte ao Edificio Gran Sol, en horario de 10h a 14h e de 16h a 21h