Curso homologado de MONITOR DE TEMPO LIBRE. 350 horas

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

Curso homologado de monitor de tempo libre. 350 horas

 O Concello da Cañiza ofrece un Curso  de ocio e tempo libre en modalidade semipresencial:  (100 horas  presenciais/ 100 h. online)+ 150 h prácticas.

Horario das aulas pesenciais: De luns a venres de 9 a 14 h (total 20 días)

Dirixido a persoas maiores de 18 anos que estean en posesión do graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente, durante os meses de xullo e agosto.

O prezo do curso determinarase segundo o número de persoas matriculadas, sendo preciso un número mínimo de 10 prazas para poder levalo a cabo.

As/Os alumnas-os que se matriculen no curso terán a posibilidade de facer de xeito gratuíto o curso de manipulador de alimentos+alérxenos e o curso de monitor de transporte escolar, ambos en modalidade online.

PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O LUNS, 24 DE XULLO, ás 23.59.59h.

Información e inscrición:  Biblioteca Municipal /Telef: 986 66 30 69

ENLACE DO FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/2FQHYv529aJfZm2H8

Horario

AS CLASES IMPARTIRANSE DURANTE TODO O MES DE AGOSTO

De luns a venres de 9 a 14 h (total 20 días) ademáis da formación on-line.