Curso de alfabetización informática / dixital

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

O Concello da Cañiza, a través da Aula CEMIT, continúa coa súa oferta formativa e organiza un curso gratuíto de alfabetización informática e dixital, dirixido especialmente a persoas xubiladas, pensionistas ou a aquelas persoas que non están familiarizadas co uso do ordenador, ben porque nunca o utilizaron ou porque desexan aprender paso a paso desde cero.

Durante o curso traballaranse contidos prácticos orientados á vida cotiá, entre eles:

  • Recursos na web
  • Uso do correo electrónico
  • Como pedir cita médica por internet
  • Redes sociais
  • Buscadores web
  • Chave 365
  • Firma dixital
  • Tramitacións electrónicas coa Administración

Comezo do curso: Luns, 9 de marzo de 2026
Horario: Luns, Mércores e Venres de 10:00 a 13:00 horas
Duración total: 40 horas
Lugar: Aula CEMIT da Cañiza
Formación gratuíta con Prazas limitadas

Información e inscrición: Biblioteca Municipal ou a través do Teléfono: 986 66 30 69

Unha excelente oportunidade para adquirir coñecementos básicos de informática, mellorar a autonomía dixital e aprender a realizar xestións electrónicas con seguridade e confianza.

Horario

Comezo do curso: Luns, 9 de marzo de 2026
Horario: Luns, Mércores e Venres de 10:00 a 13:00 horas