A Cañiza continúa impulsando o envellecemento activo coa xornada “Conexionedades”

Data
to
Location
Centro Social de Maiores da Travesía da Feira
Organiser
Solidariedade Intergeneracional en colaboración co Concello da Cañiza
Actividades

O Concello da Cañiza celebrará a Xornada Informativa “Conexionedades”, o vindeiro martes 3 de marzo, ás 16:30 horas, no Centro Social de Maiores da Travesía do Mercado.

Unha iniciativa promovida por Solidaridad Intergeneracional que ten como finalidade fomentar a participación activa das persoas maiores e facilitarlles o acceso a recursos e servizos de interese.

Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración asinado o pasado 12 de xullo de 2024 entre o Concello e a Asociación Solidaridad Intergeneracional. A través deste acordo, establéceuse unha liña de traballo conxunta para promover o envellecemento activo, a autonomía persoal e a mellora da calidade de vida da veciñanza, con especial atención ás persoas maiores, ás persoas con discapacidade e aos colectivos en situación de maior vulnerabilidade.

O convenio permitiu poñer en marcha intervencións e cursos informativos sobre recursos dispoñibles, prevención da dependencia, promoción da autonomía persoal e loita contra a soidade non desexada.

A xornada “Conexionedades”, que se celebrará o martes, supón un novo paso nesta colaboración, ofrecendo un espazo onde as persoas asistentes poderán coñecer un portal con recursos e actividades culturais, tecnolóxicas, sanitarias, económicas e sociais.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar con Solidaridad Intergeneracional:

Serafina Lamas (Psicóloga)
Teléfono: 680 559 658
Email: sigalicia@solidaridadintergeneracional.es

Horario

 O vindeiro martes 3 de marzo, ás 16:30 horas, no Centro Social de Maiores da Travesía do Mercado.