A campaña «Galicia sabe AMAR» chega á Cañiza o mércores 16 de abril

Data
to
Location
na rúa Oriente, diante da Casa Consistorial
Organiser
Xunta de Galicia. Consellería do Mar
Actividades

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Neste 2025 a iniciativa volve á estrada de novo a través de foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia.

En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Unha destas foodtrucks, estará no noso Concello o mércores 16 de abril, diante da Casa Consistorial en horario de 12:00 a 15:00 horas e  de 17:00 a 20:00 horas. 

A campaña está apoiada con distinto material promocional para informar sobre a importancia social e económica do sector do mar:

  • Se pon en valor a actividade da pesca e o marisqueo en Galicia.
  • Se promove unha xestión sostible dos recursos tanto dende o punto de vista económico, como ambiental e social.
  • E se garante a trazabilidade dos produtos pesqueiros e a súa seguridade alimentaria.
Horario

O mércores 16 de abril, en horario de 12:00h a 15:00h e pola tarde de 17:00h a 20:00h.

A campaña «Galicia sabe AMAR» chega á Cañiza o mércores 16 de abril