- As súas Maxestades de Oriente visitarán todas as parroquias do Municipio e desfilarán polas rúas da Cañiza a partires das 18.30h en carrozas, a ritmo de batucada e acompañados de máis de 50 figurantes entre zancudos, bailaríns e xigantes luminosos.
- Todo un espectáculo de cor e son amenizado polo Grupo de Especialistas Hípica Celta.
- A xornada comezará sobre as 14.00h coa recepción ás Maxestades de Oriente no Salón de Plenos do Concello.
Os Reis Magos e a súa comitiva percorrerán, repartindo caramelos, as rúas da nosa vila para que todas as nenas e nenos os poidan saudar.
Neste Auditorio, os Reis de Oriente farán a súa RECEPCIÓN REAL, saudando a tod@s @s nen@s e recibindo as súas cartas e desexos.
Antes do percorrido pola Cañiza, as súas Maxestades visitarán todas as parroquias do noso Concello seguindo este horario:
- Parroquia da Franqueira ( lugar de encontro: no Cebreiro) : ás 14.30h
- Parroquia de Luneda (en San Roque): ás 15h
- Parroquia de Parada ( diante da Igrexa) ás 15.20h
- Parroquia de Valeixe ( na explanada da “Hermandad”) ás 15.40h
- Parroquia do Couto (diante da Igrexa) ás 16.05h
- Parroquia de Oroso ( diante da Igrexa), ás 16.25h
- Parroquia de Petán (diante da Igrexa): ás 16.45h
- E Parroquia de Achas ( diante da Igrexa), ás 17.05h
A continuación as Maxestades de Oriente saudarán aos nosos maiores na Residencia Nosa Señora do Rosario de Valeixe, no Centro Xeriátrico Santa Teresa da Cañiza e no Centro de Día Anxo. Como ven sendo tradición, o Concello convidará a todos os residentes a merendar con pasteis de Nadal.
Para rematar Os Reis Magos desexarán á Cañiza, especialmente aos mais cativos, moita saúde e felicidade para este ano 2025.
O Sábado 4 de xaneiro de 2025, a partires das 18.30h con percorrido polas rúas da Vila