Avanzamos na formación en competencias dixitais co proxecto «DIXIGAL». A partires do 27 de marzo iniciamos o NIVEL INTERMEDIO

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Teatro

O proxecto DIXIGAL ten como obxectivo a impartición de accións formativas da familia de informática e comunicación co fin de que os participantes logren a adquisición de competencias dixitais.

  • Son formacións presenciais totalmente gratuítas e ademáis o alumnado que supere o itinerario (todos os módulos dun NIVEL) recibirá, como agasallo, unha táblet.
  • O proxecto  «DIXIGAL» está composto de 3 niveis: básico, intermedio e avanzado.
  • Nesta formación desenvolverase o NIVEL INTERMEDIO, que está composto de 5 módulos de 40h cada un, sumando un total de 200h. 
  • Os cursos impartiranse en quendas de mañá e cada nivel terá unha duración total de 200 horas (5 temas).  
  • A formación entra no marco europeo de competencias.
  • Está previsto que o primeiro curso de nivel intermedio comece o día 27/03/2025.
  • Nesta planificación propoñemos impartir a acción formativa de luns a venres durante cinco horas en horario de 9:00 a 14:00

 

Horario

Inicio do proxecto: 27/03/2025

Duración: do 27/03/2025 ao 10/07/2025

Temario do Nivel INTERMEDIO

  • Busca e xestión da información dixital. 
  • Creación de contidos dixitais.
  • Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais. 
  • Resolución de problemas no entorno dixital.
  • Seguridade e civismo no entorno dixital.

 

Todas as persoas que desexen ampliar información poden chamar ao número de teléfono: 654 825 395 ou escribir ao e-mail dixigal@bigformacion.com

Os interesados en inscribirse poden facelo entrando neste enlace: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfC25pLHgwtHJt51thTJf8sVkCR8inw29LReXKJ-MFVkFAOhA/viewform