
Formación
Os CELGAS son as probas de capacitación de lingua galega que puntúan para todos aqueles concursos e oposicións da Comunidade Autónoma Galega.
O concello ofrece aulas gratuítas de preparación para que poidas obter calquera dos CELGAS que precises (1,2,3 e 4).
Achégate ata a Biblioteca Municipal ou ata a Casa de Cultura da Cañiza para ampliar información sobre esta nova oportunidade de obter o certificado de capacitación de lingua galega.
Horario
Comezo das clases: o xoves 13 de febreiro, en horario de 17h a 19h, nas aulas da Casa de Cultura da Cañiza