ANDAINA POLA RUTA DE FONTEFRIA PR-G 206. 18 DE SETEMBRO de 2022

Data
to
Location
Ruta polo Alto de Fontefría
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

Trazado da Ruta

Trátase dun sendeiro circular de 7.7 km de lonxitude que discorre polas Parroquias de Achas e Petan , no Concello da Cañiza.

O punto de inicio sitúase no alto de Fontefría, a 790 m de altitude, do que partimos en dirección Norte.

O camiño lévanos a unha zona chaira con pasteiros nos que se atopan varios túmulos megalíticos, coñecidas como mámoas.

Continuamos por camiños entre repoboacións de piñeiro silvestre nos que atoparemos algunhas lagoas estacionais e o regato de Portapiñeiros.

Nestas zonas chairas e húmidas existen varias turbeiras.

Continuando polo camiño regresaremos de novo ao punto de partida.

#SendeirosDaCañiza 

#VeranDeLecerACañiza2022

 #RutaDeFontefriaPRG206 

 

Horario

Saída 9.30 h, alto de Fontefria N-120, panel da ruta.
Sendeiro circular de 7,7 km, 1 h e 55 min. aprox.,

para toda a familia.

É recomendable preinscrición na biblioteca municipal 986 66 30 69