NovasIr a esta sección

Cúbrese a vacante de Habilitado Nacional no posto de Secretaría en tempo récord
Data de publicación: 27 de marzo de 2021

O Alcalde Luis Piña informa que o pasado 18 de marzo cesou do cargo de secretario xeral o habilitado nacional ao concursar para outro concello.

 

En tempo récord conseguiuse a incorporación do novo habilitado nacional que tomou posesión o 25 de marzo.

 

O Alcalde acorda co portavoz da oposición celebrar o pleno ordinario a mediados de abril.

 

O día 2 de marzo nesta Alcaldía tivemos coñecemento de que o Secretario do Concello concursaba para outra praza, ao publicarse o 26 de febreiro de 2021 na páxina do Ministerio de POLÍTICA TERRITORIAL E FUNCIÓN PÚBLICA DO GOBERNO DE ESPAÑA, a relación provisional de adxudicacións do Concurso Unitario 2021.

Dende ese momento, esta Alcaldía iniciou todas as dilixencias necesarias para poder cubrir a praza sen que o funcionamento do Concello puidera verse limitado pola falta de cobertura.

Este mesmo día, 2 de marzo,  se puxo en coñecemento da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia ,que é a que ten a potestade de nomeamento destes habilitados, este cese para que nos posibilitara outras formas de cobertura temporal do posto reservado previsto nos artigos 48 e seguintes do Real Decreto 128/2018, e tamén informara ao Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de Pontevedra para que puxera en coñecemento dos seus asociados esta vacante da Cañiza por si lles puidera interesar a praza.

Efectivamente e pasadas solo unhas horas, a Dirección Xeral de Administración Local publica unha listaxe, aos efectos de publicidade, donde se comproba a actualización do listado de cobertura temporal dos postos de Secretaria, entre oturos, na páxina web Eidolocal,  no que xa aparece a próxima vacante da Cañiza.

Desde ese momento fixéronse todas as xestións necesarias para que o tempo sen cobertura da praza fose o menor posible. Conséguese que un Habilitado Nacional cubra esta Praza en acumulación mediante nomeamento provisional. Para iso era necesario que o seu Alcalde autorizara esta acumulación, como así sucedeu e queremos agradecer dende este comunicado.

O cesamento efectivo do Secretario saínte prodúcese o 18 de marzo (19 de marzo, venres, foi festivo) e o seguinte día hábil, luns 22 de marzo, envíase á Dirección  Xeral de Administración local escrito asinado polo Alcalde da Cañiza, o novo Habilitado Nacional e o Alcalde do Concello onde ocupa actualmente o posto de Secretaría, para solicitar o nomeamento provisional. Documento imprescindible para que o novo secretario poida tomar posesión.

Este escrito envíase a través do SIR (un sistema de Interconexión de Rexistros) polo cal o envío dos documentos é inmediato. A Dirección  Xeral tarda dous días en abrir o documento. Postos en contacto coa Dirección nos comunican que tiveron problemas co sistema, polo que non recibimos o nomeamento da nova Secretaria ata o día 24 de marzo.

O 25 de marzo toma posesión como novo Habilitado Nacional no cargo de Secretaría, comezando as súas tarefas polo que non existiu en ningún momento bloqueo das funcións deste posto.

O único que non se puido celebrar por causas totalmente alleas a este  Concello, foron dúas Comisións Informativas previas ao Pleno ordinario que se celebra cada dous meses. Non obstante as Comisións  sí foron convocadas.

En canto ao Pleno ordinario ( aclarar que é unha sesión de control da acción de goberno onde se producen rogos e preguntas), o Alcalde Luís Piña acordou co xefe da oposición, Miguel Domínguez, que a celebración desta Sesión se realizase o 15 de abril, ao que Miguel Domínguez se mostrou favorable, a condición de que non se celebrase no período de vacacións de Semana Santa.

compartir

axenda