BANDO: sobre as axudas publicadas no BOPPO nº 243 do 20/12/2023 destinadas a Asociacións veciñais e Asociacións de Mulleres Rurais e Comunidades de Usuarios e Traídas de Augas de Consumo Humano

Medio Ambiente

LUIS ANTONIO GÓMEZ PIÑA,

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A CAÑIZA

FAI  SABER :

Dado que é de interese para este Concello favorecer o desenvolvemento de todas aquelas asociacións ou comunidades que se constitúan para a defensa dos intereses xerais dos veciños, esta Alcaldía INFORMA:

Que o pasado 20 de decembro de 2023 publicouse no BOPPO nº 243 unhas axudas da Deputación de Pontevedra, das que poderán ser beneficiarias as Asociacións de Veciños e Asociacións de Mulleres Rurais e Comunidades de Usuarios de Augas, a través dos programas «PLAN PROVINCIA COMUNITARIA 2024» e «PROGRAMA +AQUA 2024».

O prazo para presentar as solicitudes está aberto dende o 21 de decembro e remata o 29 de febreiro de 2024 e se tramitará na modalidade de concorrencia competitiva.

Para poder ser beneficiario destas axudas é obrigatorio estar inscrito nos correspondentes Rexistros Públicos e presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Deputación de Pontevedra: https://sede.depo.gal.

Para calquera aclaración ou ampliación de información, esta Alcaldía ponse a disposición das asociacións ou comunidades beneficiarias.

 

 

Axudas da Deputación Provincial ás Asociacións veciñais, de Mulleres Rurais e Comunidades de Augas para este 2024