NovasIr a esta sección

Recepción na sede da Deputación en Vigo do Equipo Senior Feminino do Balonmán Saeplast Cañiza
Data de publicación: 17 de xuño de 2021

“CLUB BALONMÁN CAÑIZA É DE PRATA. ELAS NON TEÑEN LÍMITE"

Con este lema recibiu onte a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ao Equipo campión Galego 2021, recentemente ascendido a División Honor Prata

O ALCALDE LUIS PIÑA ACOMPAÑOU AO CLUBE NESTA RECEPCIÓN E APROVEITOU PARA AGRADECER Á PRESIDENTA O APOIO ECONÓMICO DA DEPUTACIÓN AO BALONMÁN CAÑIZA (12.000€) PERO TAMÉN REIVINDICOU QUE SE TEÑA EN CONTA NO REPARTO DAS SUBVENCIÓNS AO DEPORTE, CRITERIOS OBXETIVOS DE DISCRIMINACIÓN POSITIVA PARA OS CLUBES DE CONCELLOS PEQUENOS COMO É O NOSO

Onte,  ás 12.30h a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu na Sede de Vigo nun emocionante e cariñoso acto, a todo o equipo  senior feminino do Clube Balonmán Cañiza, gañador  do título de Campión Galego en Primeira Autonómica Feminina que ademáis conseguiu o ascenso de categoría a División Honor Prata nunha trepidante Final celebrada os pasados 4,5 e 6 de xuño na Cañiza.

O equipo formado polas 17 xogadoras, Enma Pérez, Ana Rodríguez, Lucía Afonso, Laura Noemi González, Iria Gómez, Mª de las Nieves Guerrero, Sofía Alvarez, Begoña Ibáñez, Carla Abad, Pamela Arca, Ana Orge, Sara Carril, Alexia Penabella, Olalla Penabella, María Montero, Alba Afonso e Alejandra Carballo, así como o seu entrenador Emilio Barciela, o preparador físico Ramón Pérez e os dous delegados de equipo Javier Rodríguez e Melisa Mariño que xunto co Presidente do Clube Rubén Fernández e a directiva foron felicitados pola Presidenta da Deputación nun acto no que se lles recoñeceu todo o esforzo desenvolvido durante estos anos e que neste 2021 os levou a ser campións de Galicia na categoría senior feminina.

Como xa fixera na recepción que Luis Piña, en nome de todos os cañicenses, lles ofreceu o pasado 15 de maio no Concello, o Alcalde aproveitou este acto para volver a felicitar ao equipo feminino,  a todo o Clube balonmán, a todos os equipos das distintas categorías que integran este extraordinario e traballador clube e por suposto a súa afición.

Ademáis agradeceu á Presidenta Carmela Silva o apoio da Deputación ao noso deporte, neste caso ao Clube Balonmán Saeplast Cañiza que nesta anualidade recibiu do organismo provincial unha achega de 12.000 €uros.

O Alcalde aproveitou tamén para invitar á Presidenta a disfrutar dun partido de balonmán no pavillón deportivo da Cañiza, onde xoga o Clube.  Instalación na que, nos vindeiros días, comezarán as obras de reforma da parte dereita dos vestiarios, cun investimento de 50.000€ sufragados ao 100% polo Plan Concellos da Deputación.

 

Enlaces video

https://twitter.com/i/broadcasts/1OdJrVWeymlJX

https://twitter.com/i/status/1405121529915056134

compartir

axenda