NovasIr a esta sección

O Alcalde anuncia que a partires de hoxe está activa a enquisa de mobilidade da Cañiza
Data de publicación: 29 de abril de 2021

Esta enquisa forma parte da redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) da Cañiza e anima @s veciñ@s a expresar as súas opinións nesta materia.

 

  • Segundo manifestou Luis Piña o PMUS será “unha ferramenta imprescindible para deseñar A Cañiza do futuro no tocante a humanizacións e viais e servirá para adaptala ás novas directrices europeas basadas na planificación dunha mobilidade máis eficiente e un territorio máis atractivo para vivir e con maior calidade de vida

 

  • Por iso as opinións e manifestacións de interese dos nosos cidadáns contan moito e axudarán a crear un documento máis real e completo. 

 

  • pedimos a vosa colaboración e poñemos á vosa disposición o enlace para acceder a esta enquisa:

 https://www.cognitoforms.com/MoveTrans1/EnquisaDeMobilidadeACa%C3%B1iza

 

Hoxe arranca a enquisa de mobilidade que ten como obxectivo recabar opinións e manifestacións de interese dos nosos cidadáns para axudar a redactar o Plan, contando coa opinión de todas as veciñas e veciños da Cañiza.

Cáles son os problemas na mobilidade que percibe o cidadán e propostas de posibles actuacións de mellora de mobilidade son as dúas grandes preguntas que recolle o cuestionario.

 

Dende o Concello estamos a traballar coa intención de mellorar a mobilidade no municipio e sería de gran axuda contar coa vosa participación.

 

 

REDACCIÓN DO PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE DA CAÑIZA

O pasado 16 de febreiro o Concello adxudicou por Decreto de Alcaldía, a redacción do Plan de Mobilidade Urbana, PMUS, á empresa Azteca Consulting de Ingeniería S.L. que terá que ter listo o documento cara ao verán.

O documento abordará cuestións tan importantes como os movementos de tráfico, as peonalizacións, as humanizacións, zonas onde se debe intervir para incrementar a seguridade viaria, entre outros.

Está destinado a mellorar a accesibilidade do casco urbano e proporcionar unha mobilidade de alta calidade. Será unha ferramenta de xestión municipal para organizar de xeito eficiente os distintos modos de transporte xerados no núcleo da Cañiza, fomentando os máis respetuosos co medio ambiente e racionalizando o uso dos vehículos.

compartir

axenda