O Concello continúa coa súa campaña de sensibilización ambiental para mellorar a reciclaxe e reducir os residuos solidos urbanos

Nesta ocasión coa campaña de compostaxe doméstica.

  • Ademáis entregaremos 40 novos composteiros domésticos aos veciños interesados neste tipo de reciclaxe.
  • O prazo para solicitar estas unidades comeza mañá martes, 19 de decembro, a partires das 10h. @s veciñ@s interesad@s teñen que realizar a solicitude nas instalacións da Biblioteca Municipal ou chamar ao número 986 66 30 69.
  • O Alcalde Luis Piña adiantou esta mañá que o Concello continuará no 2024 con esta campaña de composteiros, estando prevista a achega doutras 125 unidades.

 Baixo o lema de «A CAÑIZA, COIDADA E SOSTIBLE», o Concello continúa coa súa campaña de sensibilización ambiental iniciada xa nos anos 2021 e 2022 e que segue neste 2023, centrada na compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no noso Concello.

O pasado venres 15 de decembro, desenvolveuse unha nova xornada de sensibilización e concienciación ambiental sobre boas prácticas en materia de compostaxe doméstica, nunha carpa  informativa itinerante situada na entrada da Casa Consistorial.

Co obxectivo de mellorar o grao de concienciación ambiental dos veciños e reforzar e fomentar un cambio de hábitos e de comportamento en torno a reciclaxe de residuos, os monitores medioambientais da empresa ANCARIA SL captaron a atención dos nosos veciños a pé de rúa  durante toda a mañá, entregando material divulgativo que nos axudará a todos e mellorar a reciclaxe mediante a compostaxe.

As seguintes xornadas terán lugar os días 22 e 27 de decembro, en horario de mañá e no mesmo emprazamento.

 #acañizacoidadaesostible conta coa colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e está financiada pola Unión Europea, a través dos fondos -NextGenerationEU-

 

Cómo podes conseguir un composteiro doméstico?

Ademáis o Alcalde Luis Piña anunciou que se algún veciñ@ desexa ampliar información sobre o procedemento de solicitude e adquisición dun composteiro doméstico, ten necesariamente que contactar co persoal da Biblioteca Municipal, na súa recepción ou chamando a partires das 10h da mañá ao número 986 66 30 69.

Compostaxe doméstica

A campaña pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos  biorresiduos municipais.

A súa razón de ser é que A Cañiza cumpra cos obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recolleitos e aproveitados.

Podedes ampliar máis información sobre a compostaxe doméstica nas guías e folletos que publicamos nesta web.

O Concello continua coa súa campaña de compostaxe doméstica

 

O Concello continua coa súa campaña de compostaxe doméstica