O Concello asina un convenio coa Deputación para a xestión do Servizo de Vixiancia e Inspección de Residuos

  • Unha obriga que recolle a nova Lei 7/2022 de 8 de abril de Residuos e Solos Contaminados que esixe aos concellos  dispor dun corpo de vixiancia de residuos.
  • O Pleno celebrado o pasado 2 de xuño aprobou a sinatura dun convenio polo que se enconmenda á Deputación esta xestión de vixiancia debido á falta de medios municipais e co obxectivo de que o servizo sexa o máis eficaz posible e polo tanto se poidan acadar os obxectivos  de reciclaxe e reducción de impropios marcados nesta nova Lei.
  • Esta normativa obriga a reducir os biorresiduos anualmente nun 20% a partires do 2022 e nun 15%  dende 2027.
  • O Concello xa traballa na separación de residuos dende o punto limpo e co servizo de recollida de voluminosos polas parroquias. Un servizo que está axudando a eliminar e separar os residuos impropios dos residuos orgánicos.

 

No Pleno ordinario celebrado o pasado 2 de xuño adoptouse o acordo de asinar un convenio de colaboración coa Deputación para regular as condicións nas que se desenvolverá a encomenda da xestión do servizo de vixiancia e inspección en materia de residuos municipais que tería que asumir o Concello, por así acordalo a nova Lei de Residuos, a favor da Deputación Provincial de Pontevedra.

Unha obriga recollida  na nova normativa en materia de residuos (Lei 7/2022, de 8 de abril, de Residuos e Solos Contaminados para unha Economía Circular), que  supón un cambio substancial na tradicional visión que se tiña do tratamento dos residuos, con importantes esixencias para os Concellos.

Entre estas esixencias está a creación dun corpo de vixiancia en materia de residuos e acadar unha serie de obxectivos de separación e preparación para a reciclaxe de alta calidade, debendo para iso os Concellos establecer a recollida separada de, polo menos, as seguintes fraccións de residuos de competencia local:

a) O papel, os metais, o plástico e o vidro,

b) Os biorresiduos de orixe doméstica antes do 31 de decembro de 2023.

c) Os residuos téxtiles antes do 31 de decembro de 2024,

d) Os aceites de cociña usados antes do 31 de decembro de 2024,

e) Os residuos domésticos perigosos antes do 31 de decembro de 2024, para garantir que non contaminen outros fluxos de residuos de competencia local,

f) Os residuos voluminosos (residuos de mobles e aveños) antes do 31 de decembro de 2024,

g) Outras fraccións de residuos determinadas regulamentariamente.

 

No caso dos biorresiduos a Lei sinala que a porcentaxe máxima de impropios será do 20% desde 2022 e do 15% desde 2027.

A superación destes porcentaxes de impropios e o incumprimento da obriga de establecemento de recollida separada para as fraccións de residuos mencionadas, terá o carácter de infracción administrativa grave sancionable polas Comunidades Autónomas (artigo 25.4, en relación co artigo 108.3.w da citada Lei).

Para evitar posibles sancións, as entidades locais debemos establecer mecanismos de control e reducción de impropios para cada fluxo de recollida, correspondéndolle ao Concello exercer a labor de vixiancia e a potestad de sancionar. Para poder desenvolver este cometido o Concello debe contar cun corpo de inspección formado por persoal funcionario debidamente recoñecido que terán a consideración de axentes da autoridade.

Sin embargo e considerando a grande carga de traballo que traerá consigo estas obrigas e a escaseza de medios materiais e personal municipal que teñen os Concellos, a Deputacion de Pontevedra está en disposición de crear un corpo de vixilancia, inspección e control en materia de residuos e asumir a xestión desta actividade previa encomenda do Concello, en base ao  artigo 36.2.d) da LBRL que  atribúe ás Deputacións a competencia propia de dar soporte aos concellos na tramitación de procedementos administrativos e na realización de actividades materiais e de xestión, asumíndoas cando aqueles se llas encomenden.

Na Sesión Plenaria celebrada o 2 de xuño votouse a favor de que a Deputación asuma este novo servizo obrigatorio cun coste para as arcas municipais que se verá incrementado ou reducido en función da capacidade de reciclaxe obtido cada anualidade.

Por iso a colaboración e o compromiso de todas as veciñas e veciños é fundamental!!!