O Alcalde anuncia a legalización definitiva do Parque Uceira, Antigo Mercado do Gando, despois dun expediente largo e tramitado con errores procedentes de anteriores mandatos

  • O Concello  adxudica a obra de urbanización e legalización á empresa NAROM. Unha obra  que permitirá legalizar a zona empresarial coñecida na Cañiza como «Antigo Mercado do Gando».
  • O investimento de execución desta actuación alcanza os 110.397,50€ e está subvencionado pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia con 80.574,00€, pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2021, con 22.109,53€ e con fondos propios do Concello con 7.713,67€.
  • Con esta legalización se consolidan os terreos do Parque empresarial así como as naves e talleres existentes que ata o de agora carecían da posibilidade de obter licencia xa que a zona non estaba legalizada para desenvolver actividade empresarial, a pesares de terse iniciado en anteriores mandatos os expedientes, que tiñan acumuladas deficiencias na tramitación.
  • Trátase dun dos expedientes urbanísticos máis complicados do Concello, por ter existido xa actividade empresarial sen estar legalizada.

 

O pasado 31 de outubro de 2022 publicouse do Diario Oficial de Galicia nº 207  o ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación para a execución da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza no ámbito do antigo mercado de gando. No DOGA anunciouse que o Concello, no Pleno do 29.9.2022, aprobou definitivamente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, declarando expresamente a utilidade pública deste proxecto. O Anuncio tamén se publica aos efectos de legal notificación para todas aquelas persoas que poidan resultar descoñecidas e teñan intereses nestes terreos,

Con esta publicación está a piques de rematar un dos procedementos de maior complexidade do Concello.

Un expediente de modificación puntual do PXOM ( Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Cañiza) na zona do Antigo Mercado do Gando, no que xa teñen actividade varias empresas, que para a súa legalización e modificación precisaba de varias actuacións vinculantes:  a adquisición dos terreos e a redacción dun proxecto para esta área empresarial.

 

ANTECEDENTES.

O proxecto global do parque Uceira xa existía e no seu día, en anteriores mandatos, se fixeron determinadas modificacións urbanísticas. Con todo, estas modificacións quedaron sen efecto porque non se podían legalizar ata que os terreos estiveran totalmente urbanizados e quedara legalizado todo o xa construido.

Para conseguir esta legalización tiveron que iniciarse dous procedementos paralelos: arrancar de novo  o expediente de expropiación dos terreos, aproveitando todo o traballo xa desenvolvido con anterioridade e que era convalidable e desenvolver o proxecto de legalización.

Desde o Concello contrátase á empresa R.P.SALNÉS para redactar o proxecto «EXPEDIENTE DE LEGALIZACIÓN DE LA URBANIZACIÓN DEL ANTIGUO MERCADO Y OBRAS COMPLEMENTARIAS», con entrada no Rexistro da Sede Electrónica o 13 de xuño deste ano.

Para financiar o investimento do proxecto, un total de  110.397,50€  conseguiuse unha subvención da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Industria, dentro do Plan de axudas dirixidas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia  de 80.574,00€, para a pavimentacion parcial das rúas e sinalización viaria co obxecto de mellorar a infraestrutura viaria. Tamén se conseguiu outra subvención da Deputación de Pontevedra, a través da Liña 1 do Plan Concellos 2021, de 22.109,83€ e os 7.713,67€ restantes fináncianse dende o Concello con fondos propios.

 

O CONCELLO TEN QUE INICIAR DE NOVO O TRAMITE DE EXPROPIACIÓN XA QUE O EXPEDIENTE ANTERIOR NON CONTABA COA DECLARACIÓN DE PREVALENCIA DA UTILIDADE PÚBLICA DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

En paralelo iníciase de novo a expropiación dos terreos, xa que o expediente anterior estaba caducado, ademáis de contar con importantes defectos na tramitación como NON DISPOR da DECLARACIÓN DE PREVALENCIA DA UTILIDADE PÚBLICA sobre o interese social dos Montes Veciñais.

O Concello solicita esta Declaración ante a  Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que é o órgano competente para outorgar esta prevalencia. O pasado 5 de agosto o Concello recibe a AUTORIZACIÓN FAVORABLE. Unha Declaración de Prevalencia da Utilidade Pública sobre o interese social dos Montes Veciñais  de Os Gómez e de Paredes nunha superficie de 13.237 m3, pertencente á CMVMC de Os Gómez e nunha superficie de 7.481 m2 pertencente a CMVMC de Paredes, para a expropiación do Antigo Mercado do Gando, actual parque empresarial debido á modificación puntual do PXOM.

A continuación o expediente pasa a exposición pública para que todos o interesados poideran realizar as alegacións oportunas. Rematado este período, aprobase no Pleno o procedemento e deposítase as cantidades económicas na conta de expropiacións.

O expediente continúa coa entrega das Actas de ocupación e o inicio das obras de legalización da urbanización, previo anuncio da licitación das obras na Plataforma de Contratación do Sector Público e da solicitude das autorizacións sectoriais a Fomento do Goberno do Estado e Confederación Hidrográfica Miño- Sil que foron ambas favorables.

A execución das obras foron adxudicadas o pasado 25 de outubro á empresa NAROM, aprobándose o contrato e a dirección e coordinación de seguridade e saúde.

 

ESTA MAÑÁ O ALCALDE VISITOU AS OBRAS QUE XA ESTÁN A PIQUES DE REMATAR.

Segundo comunicou o Alcalde Luis Piña esta mañá, despois de visitar as obras que rematarán nuns días «estas obras permitirán legalizar todo o parque empresarial, realizar novas ventas e o máis importante legalizar as instalacións existentes, talleres e pequenas empresas, que poderán legalizar as súas actividades e solicitar as correspondentes licenzas de actividade e tamén de aluguer».

O Proxecto de Legalización da Urbanización do Antigo Mercado do Gando ten por obxecto por en orden legal un espazo urbanístico empresarial existente dende hai décadas.