Comezan a traballar as 12 persoas seleccionadas a través das políticas activas de emprego da Deputación de Pontevedra

NESTA OCASIÓN OS EMPREGOS ESTÁN SUBVENCIONADOS POLA LIÑA 3 DO “PLAN CONCELLOS 2022” DA DEPUTACIÓN PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS.

  • A contratación iniciouse coa oferta que o Concello envíou á oficina “Emprego Galicia” da Cañiza, para solicitar unha relación de candidatos para a cobertura de cada posto. No proceso de selección se valoraron tanto as circunstancias persoais dos aspirantes, como a súa experiencia laboral e formación.
  • O tribunal calificador estivo constituido por persoal funcionario dos Concellos de As Neves e Melón así como persoal laboral fixo dos Concellos de Mondariz e Crecente. Tamén formou parte o  normalizador lingüista do Concello da Cañiza.
  • Todas as prazas ofertadas son a xornada completa, 7,5 horas e os salarios deste persoal  están equiparados cos dos empregados do Concello con similares ocupacións.
  • Por terceiro ano consecutivo eliminouse a entrevista no proceso de selección, converténdose nun concurso garantista ao 100 %  dos principios constitucionais de igualdade de oportunidades, mérito e capacidade.

 

O pasado 28 de marzo comezaron a traballar as 12 persoas seleccionadas no procedemento de contratación para cubrir os postos de 2 mozos de recollida de lixo, 7 peóns de obras públicas e 3 conductores operadores de maquinaria de vías.

Unha convocatoria pública de emprego á que están destinados un total de 128.458,73 €uros, subvencionados case na súa totalidade pola Liña 3 do Plan Concellos da Deputación Provincial, tendo o Concello que aportar de fondos propios 3.555,68 €uros.

A selección de persoal respetou os principios de igualdade, mérito e capacidade, nun proceso que cumpre por terceiro ano consecutivo coa preceptiva publicidade da convocatoria e das Bases. Tamén estiveron garantizados os principios de transparencia, imparcialidade, profesionalidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.