A Cañiza inaugura a 5ª tempada do «COCIDO CAÑICENSE»

Cunha semana promocional que comeza o luns 28 de outubro ata o 3 de novembro.

  • O Alcalde da Cañiza Luis Piña, presentou esta mañá a nova tempada dos cocidos cañicenses, acompañado do Presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manoel Batista e do Alcalde de O Carballiño Francisco Fumega .
  • A hostelería da Cañiza xa está preparada para servir dende o luns 28 de outubro o “COCIDO”, o prato máis senlleiro da tradición gastronómica cañicense e un activo culinario que se suma aos moitos atractivos turísticos da Cañiza.
  • Un menú que se pode saborear durante todo o ano nos restaurantes da Cañiza e especialmente na época dos fríos. Na presentación o Alcalde resaltou a necesidade de reservar nos restaurantes adheridos a esta semana promocional para garantir mesa: Os do Resero , Area CID , Casa Eligio, Bar  Pirri- ELI,  Bar Piri Piri , Casa Arela, restaurante Eido do Monte e Pincho da Avoa.
  • En todos eles, os comensais participarán no sorteo de 30 noites de hotel para 2 persoas nas casas de hospedaxe do noso Concello. Cada menú inclúe unha rifa para este sorteo que se celebrará o vindeiro 11 de novembro. Ésta é a aportación económica que o Concello quere facer nesta V edición para promocionar a tempada.
  • Con esta iniciativa queremos animar a visitar A Cañiza e a coñecer a nosa gastronomía e os nosos activos turísticos, principalmente as nosas rutas de sendeirismo que no outono alcanzan un alto valor paisaxístico.

 

Con estas palabras o Alcalde da Cañiza comezou a presentación da V Edición dos Cocidos Cañicenses. Citas obrigadas coa gastronomía de inverno da Cañiza promovida, impulsada e organizada conxuntamente polo concello e polos hostaleiros locais que comeza con forza a partires do 28 de outubro.

 

Carballiño, A Cañiza e Melgaço, un mesmo territorio unido pola gastronomía e a cooperación institucional en favor d@s veciñ@s

Despois da benvida e agradecementos, Luis Piña convidou aos seus invitados a participar na presentación gastronómica dando a palabra ao Alcalde de O Carballiño, Paco Fumega, quen volveu hoxe A Cañiza tras presentar este luns, xunto cos Alcaldes de Mondariz, Mondariz Balneario, Maside, Melón e o Alcalde Luis Piña, a concesión dunha subvención por parte do MITECO de case 5 millóns de euros para o PERTE da AUGA que permitirá mellorar as traídas de augas dos 6 concellos.

O Alcalde volveu a recordar as semellanzas entre A Cañiza e o Carballiño. Concellos que apostaron hai 60 anos pola gastronomía, tendo o acerto de traballar para impulsar o turismo gastronómico coas festas do Pulpo e do Xamón, ambas celebradas na 1ª quincena do mes de agosto. Agora volven a traballar xuntos a nivel institucional fortalecéndose entre os dous co desenvolvemento de importantes actuacións en beneficio dos veciños e veciñas de ambas localidades.

Tras a súa intervención, o Presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista, agradeceu un ano máis a invitación do Alcalde para presentar esta nova arrancada gastronómica e fixo referencia igualmente as relacións e cooperación institucional que unen A Cañiza con Melgaço, nesta ocasión con motivo da Eurocidade que está a punto de constituirse e que permitirá crear dinámicas e interaccións entre os territorios que a integran.

Na apertura desta nova tempada o Alcalde resaltou “a forza gastronómica que dende hai máis de medio século caracteriza á Cañiza. Un papel que ten un forte arraigo na cociña popular e os históricos cocidos con produtos do porco e da horta como ingredientes principais e que na nosa zona, sobre todo na época da postguerra, permitiu alimentar a moitas das nosas familias. Hoxe o Cocido cañicense é un referente como tamén o é o xamón que celebramos todos os 15 de agosto”.

O Alcalde rematou a presentación dando as grazas aos dous Alcaldes que nos acompañaron na xornada de hoxe. Unhas grazas extensivas tamén aos outros Concellos que forman parte do PERTE da Auga e tamén da futura EUROCIDADE polos moitos lazos que nestes momentos estamos tecendo para fortalecer aos municipios.

«O tempo de frío é tempo de cocido»

Son moitos os padais que xa coñecen o cocido cañicense, pero promovido polo Concello, os hostaleiros da Cañiza organizan esta nova tempada, esmerándose en cociñar este prato tradicional preparado con chourizo de cebola e de carne, fuciño, rabo,  orella,  cacheira,  lacón,  touciño e costela de  porco completado con pito, carne de vacún, patacas, fabas, garavanzos, cenorias e verdura ou repolo. Todo iso acompañado con pan rústico e pan de millo ou  “Bica” e regado polos extraordinarios caldos brancos  e tintos, a gusto do cliente, da denominación de orixe Rías Baixas, tamén da Cañiza, das adegas Eido da Fonte,  Abelán e Cavadas do Val. 

Antes ou despois deste prato ofrecerase un caldo servido en tazón. E como en toda boa comida, non pode faltar a sobremesa. Arroz con leite ou leite frita e café.

Para rematar o Alcalde agradeceu a implicación dos restaurantes e das adegas que están traballando xa para que esta nova tempada poida saldarse con éxito, calidade e participación e anunciou os restaurantes nos que xa se pode degustar este menú.

O Concello recomenda chamar por teléfono para reservar.

Os prezos non están unificados xa que cada local ofrece variantes e formas distintas de servilo.

 

Establecementos hostaleiros para degustar o Cocido

  • Os do Resero 986652431
  • Area CID 986652369
  • Eligio 986651047
  • Pirri- ELI 986156247
  • Piri Piri 609325332
  • Restaurante Arela 608727766
  • Eido do Monte 607812201
  • Chiringuito da Avoa 986651399 
  • Finca Briabí 684230928
  • Casa Xatomé 886216744

 

A Cañiza ianugura a tempa de cocidos de inverno

 

Inauguramos la temporada de los «Cocidos Cañicenses»