Celebración da 56 Edición da Festa Feira do Xamón da Cañiza

Data
Location
na Carballeira do Cacharado. En pleno casco urbano da Cañiza.
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

56  Feira do Xamón da Cañiza.  Declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia

 

Baner da 56 Festa Feira do Xamon da Cañiza

 

O 15 de agosto A Cañiza celebra a 56 edición da súa  FEIRA DO XAMÓN, cita gastronómica ineludible no verán da nosa Comunidade Autónoma.

A Festa volverá a celebrarse na centenaria Carballeira do Cacharado, emprazamento que durante máis dun século foi testemuña das importantes feiras agrícolas e gandeiras da Cañiza e os seus arredores.

Neste mesmo emprazamiento celebrarase o VII CONCURSO NACIONAL DE CORTADORES DE XAMÓN. Todo un placer para os sentidos, o padal e a vista ao conseguir crear con liscos de xamón auténticas obras de arte culinario.

No vos podedes perder  esta ocasión única!!.

vos agardamos

 

BENVIDA do Alcalde, LUIS ANTONIO GÓMEZ PIÑA

o Alcalde Luis Piña acompañado da Presidenta da Deputación Provincial Carmela Silva na presentación da pasada edición da Feira do Xamón

 

Despois de dous longos e duros anos de Pandemia provocada pola enfermidade da COVID-19, volvemos a celebrala.

A Festa - Feira do Xamón da Cañiza cumpre 56 anos. Unha longa traxectoria percorrida por un extraordinario grupo de homes e mulleres desta terra que puxeron a súa ilusión e empeño en ofrecer e dar a coñecer a turistas e visitantes o mellor de A Cañiza : o noso xamón. E a súa perseveranza foi tal que hoxe os cañicenses temos o pracer de celebrar a súa 56 edición. Toda unha honra que queremos compartir convosco, cos amigos e veciños, turistas e visitantes, emigrantes e estranxeiros sen cuxo apoio e participación non sería posible cumprir esta nova e especial edición post-Covid.

A todos benvidos.  Espero, en nome de todos os cañicenses, que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como “a Terra do bo xamón en Galicia”. Estou seguro de que os nosos hostaleiros e restauradores saberán atendervos con esmero e profesionalidade e que porán todo o seu empeño niso, do mesmo xeito que nós, desde o Concello, principal organizador das festas, poremos toda a nosa ilusión e traballo en conseguir organizar unha gran edición.

Para conmemorar esta celebración preparamos unha completa programación, deseñada para satisfacer todos os gustos e dirixida a todos os públicos. Música, cursos de corte de xamón e cata de viños, obradoiros de xamón e de pan, espectáculos infantís, exposicións, concursos literarios e de poesía forman parte desta selecta programación que poderás consultar neste Sitio.

O noso obxectivo para este 56 aniversario non é outro que ofrecer a mellor das festas e traballar para que todos os que nos visiten nestes días nos recorden con agarimo e volvan á  nosa Vila. Este é o noso reto. Se o conseguimos todo o esforzo e dedicación pagará a pena.

Un gran saúdo e benvidos de novo.

 

A CAÑIZA É POR MÉRITO PROPIO A TERRA DO XAMÓN EN GALICIA

E o é por varios factores pero principalmente porque posúe un microclima especial, único e idóneo para a curación dos produtos cárnicos.

 Clima seco e frío, altitude ideal e temperatura adecuada: conxugación perfecta para que se curen no seu grado máis óptimo os mellores xamóns, lacóns, chourizos e demais produtos do porco.

 A longa tradición xamoneira, os anos curtidos neste oficio e algún segredo dos nosos profesionais, conferiron ao Xamón de A Cañiza a denominación de excepcional.

 Queremos convidarte a que visites A Cañiza en calquera época do ano, especialmente o 15 de agosto, data na que celebramos a Festa –Feira do Xamón na centenaria Carballeira do Cacharado e que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como a “Terra do Bo Xamón en Galicia”.

 

PROGRAMA DO 15 agosto 2022

Carballeira do Cacharado da CAÑIZA.Travesía da Feira (A 200 m. do acceso da Autovía A-52 Rías Baixas)

A Cañiza celebra a súa 56 FEIRA DO XAMON  o 15 de agosto nunha xornada que por 7º ano ofrecerá tamén xamón cortado a man. Este ano celebrarase a VII Competición de cortadores profesionais de xamón

Todas as racións de xamóns cortadas no concurso destinaranse á venda, polo que está garantizado o sabor e a frescura deste exquisito produto.

Cartel das Festas do Xamón 15 de agosto de 2022

 

XORNADA GASTRONÓMICA a partires das  11h00

 11:00. Venda de tikets para adquisición das distintas racións elaboradas con xamón: xamón curado, asado, empanada e tortilla de xamón. 

Ademáis este ano incorpórase como novidade a tapa de empanado de xamón.

As racións estarán á venda por 6 € e inclúen : 1 tapa de xamón a elixir entre as especialidades anteriores, acompañada de pan, unha botella de auga e un vaso de viño das adegas do val de Valeixe, "Eido da Fonte" ou "Abelán".

 11:00.  Comezo da competición de especialistas de corte de xamón

12:00. Desfile da Comitiva encabezada polos centenarios “Cabezudos” da Vila  e os pequenos da localidade ataviados cos traxes rexionais portando as bandexas de xamón (desfile dende a Casa Consistorial (r/Oriente, 11) ata a Carballeira do Cacharado. 

 12:30. Actuación do Grupo Folk "Os do Cruceiro" da Cañiza

13:00. Actuación a cargo do Grupo Folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe. 

13:30. Actuación da Charanga "Evaristo"

19:00. Espectáculo de animación infantil na Rúa Oriente coa compañía "ANIMAR-T" e o seu espectáculo "O Paxariño"

19:00. Torneo de Fútbol "festa do xamón" no Campo Municipal do Vieiro

Verbena FIN DE FESTA ata a madrugada a cargo da ORQUESTRA CHARLESTON BIG BAND e o GRUPO ATENAS

 

Cartel do VII certame de Cortadores de xamón 15 de agosto de 2022

 

Horario

A Xornada gastronómica na Carballeira do Cacharado comezará ás 11.00h.

Durante toda a mañá os distintos postos de venda ofrecerán o afamado xamón da Cañiza en variadas especialidades.